Misión cumprida

Imprimir

ascensovigovoleibolConseguiuse o obxectivo e rematan algúns sufrimentos dos vigueses. Os sufrimentos deportivos, dunha tempada enche de altibaixos e sobre todo de tensión, finalizaron con este resultado que lles dá tres puntos co que matematicamente xa están na máxima categoría do voleibol nacional, que é a categoría que lles corresponde, por historia e sobre todo por dedicación.

Os sufrimentos económicos serán os que deban de resolver nestes momentos os directivos do Club vigués, Club que deben recordar todos que foi capaz de conseguir o ascenso, antes de finalizar a tempada oficial, e que leva dúas tempadas sen patrocinador, algo que debe destacarse por riba de todo xa que son os directivos os que seguen na loita contra vento e marea.

O encontro foi moi difícil e nada ten que ver o resultado do visto no campo. Os alicantinos chegaban a Vigo coa ilusión posta no ascenso, que se vencían podían conseguir, o que lles daba moita tranquilidade á hora de desenvolver o seu xogo e pasaban a pelota ao tellado dos vigueses que eran os que saíron ao campo mais atenazados polos nervios. Nin a lesión (escordadura de nocello) de Crespo, ao finalizar o primeiro set, influíu no rendemento dos seus compañeiros que se sobrepuxeron e foron capaces de facer un gran partido e aproveitar a situación na que se atoparon.

O primeiro set comezou cun VIGO lanzado no seu xogo e no marcador, no que marcharon por cinco puntos, 6-1. Esta diferenza mantívose ao longo do set e con intercambios de boas xogadas por ambas as dúas partes. Aproximáronse a dous puntos os visitantes, 18-16, pero nada cambiou o ritmo do xogo e o set foise á cuadrícula viguesa por esa diferenza de catro puntos.

O segundo set xa comezou con Crespo no banco pero eran os visitantes os que despois do empate a nove puntos se adiantaban no marcador. Chegouse a unha diferenza de cinco puntos 12-17 que facía pensar que o levarían con certa facilidade. Pero non foi así xa que os locais foron capaces do mais difícil, empatar a 17 puntos, cun parcial de 5-0, e logo renderse ao mellor xogo e á maior loita e entrega dos visitantes. Con este set no seu marcador deixaban as espadas en todo o alto e sobre todo deixaban ben sentado que non querían marchar de baleiro.

O terceiro set comezou con moita igualdade no marcador e soamente os vigueses eran capaces de adiantarse un punto na súa cuadrícula, 8-7. A partir dese momento os afeccionados puideron saborear un grande voleibol local que lles levou a un parcial de 9-1 e o marcador xa se puxo nun moi tranquilo 17-8. Deixáronse levar polo resultado e finalizaron o set con moita facilidade.

Había que rematar o encontro e sobre todo había que gañalo por 3 a 1 e isto foi ao que se agarraron os vigueses. Os empates iniciais levaron aos visitantes a poñerse por diante por un inquietante 8-10. Un tempo morto de Calafell deu mais tranquilidade aos seus xogadores que foron intercambiando os puntos ata chegar ao empate a 16. Dificultade máxima para ambos os dous sextetos e máxima resolución por parte local. Neste set puídose ver dous equipos de máxima categoría, algo que demostraron ao longo da tempada pero que foron os vigueses, por traballo e experiencia os que se levaron o set. As xogadas de ambos os dous equipos foron moi aplaudidas polo público que enchía o pavillón pero sobre todo porque eran os vigueses os que levaron o set e o partido.

Felicitacións, abrazos e moita alegría foi o que se puido ver na pista. Os xogadores fundíronse en abrazos cos seus rivais e sobre todo recibiron un grande aplauso dos seus afeccionados que estaban desexosos de volver presenciar en Coia Voleibol do máximo nivel.
Agora, independentemente do ascenso e do seu desfrute, toca esperar á próxima fin de semana onde, novamente xogarán en Coia, enfrontaranse ao Cajasol de Sevilla para pechar a exitosa tempada. Ese día se poderán gozalo todos e presenciar un encontro onde xogarán o título de Campión da superliga 2, algo que todos esperan conseguir para poder redondear unha grande tempada deportiva de todos os que forman parte do VIGO VOLEIBOL.

C. VIGO VOLEIBOL 3 C.V. ALMORADÍ 1
Parciais: 25-21 (27m.) 23-25 (25m.) 25-13 (19m.) 25-18 (25m.)
VIGO; Sánchez; Benassi; Mahia; Branco; Guidolin e Díaz. Libre Regueiro. Tamén xogaron: Tey; Zayas e Justiniano.
ALMORADI; Crespo; Miralles; García; Agudo; Ferrández e Mateo. Libre Ruiz. Tamén xogaron: Bernguer e Castiñeiro.
Árbitros: Bartolomé e Mendizábal. Ben.
Pavillón de Coia. Encho.