O Club Vigo non pode co líder

Imprimir

Non se lle poñen nada ben as cousas ao Club Vigo na súa loita polo ascenso esta tempada xa que esta derrota, aínda que o mantén na segunda praza, o afasta mais do líder, Cajasol, cando aínda faltan tres xornadas para finalizar esta fase.

Tamén resaltar que os xogadores vigueses saían ao campo sabendo o resultado entre Castellón e Almoradí onde o conxunto visitante deu a sorpresa vencendo con comodidade, 0-3 nun feudo onde xa vencera na Copa Príncipe. Posiblemente este resultado o que fixo foi relaxar os vigueses xa que fixeron o peor encontro no que vai de tempada. A loita non existiu. Faltou acerto e sacrificio así como que se cometeron mais erros que nunca. O parón da semana pasada pasoulles factura xa que despois de preparar este encontro a conciencia non saíu nada do previsto. Agora queda esperar a que esta próxima fin de semana os vigueses sexan capaces de vencer en Castellón e desa forma tomar a senda do ascenso.

O encontro xa comezou con moitas imprecisións dos vigueses que no primeiro tempo técnico xa perdían de catro puntos, 8-4, pero mais por erros propios que por acertos do contrario. Cando os locais se ven con esa vantaxe xa tomaban ás para distanciarse dos visitantes e emprender a marcha cara ao triunfo.

O segundo set e malia o traballo dende o banco, as cousas non melloraron e seguían sendo os locais, sen facer un gran xogo eran capaces de que cometer menos erros e volver comezar con vantaxes dende o inicio do set. Unha pequena reacción visitante permitiu que se achegasen no marcador ata dous puntos, 12-10, pero isto non foi mais que un espellismo xa que novamente os erros visitantes, sobre todo en recepción e defensa, permitiron aos ocales distanciarse no marcador para levar este segundo set á súa cuadrícula.

O terceiro set foi mais do mesmo xa que mentres os locais seguían na mesma tónica de non fallar, os visitantes entraron nunha inercia de deixarse levar e posiblemente fose o set peor xogado de todo o encontro.

Foi un encontro raro por parte viguesa que agora deben pensar na súa responsabilidade de cara ao encontro que deben disputar o próximo sábado en Castellón contra outro aspirante ao ascenso. As cousas seguen moi parecidas á semana pasada xa que o único que marcha na clasificación é Cajasol mentres que Castellón segue manténdose a dous puntos dos vigueses, que seguen segundos. Todos esperan que o sábado poidan dar unha imaxe totalmente distinta á que onte domingo e sígase aspirando a esa tan desexado ascenso.

CAJASOL 3 CLUB VIGO 0
Parciais: 25-21 (26m.) 25-22 (27m.) 25-20 (26m.)
Cajasol: Dá Silva, Ederson; Santos, Nassini ,Pezuto e Morata. oVega. Tamén xogaron: Justiniano e Segura.
Vigo: Sánchez; Guidolin; Benassi; Branco; Diaz e Silva. Líbero Arroyo. Tamén xogaron; Zayas, Mahia e Justiniano
Árbitros; Cerrato e Gómez.
Pavillón Municipal de Dúas Irmás. 200 espectadores.