Con demasiado sufrimento

Imprimir

Esperabase complicado o partido, pero non para sufrir tanto, xa que dende o seu comezo todo foi sufrimentos, tanto dende a bancada coma dende os dous bancos. Encontro no que L'illa levou un punto pero mais por deméritos locais que por méritos visitantes. Os locais complicáronse a vida case dende o comezo e logo o que xa sabemos, todos a tremer e ninguén se atreve a arriscar, algo que foi o que aproveitaron os visitantes para levar ese punto que lles dá certa vantaxe de cara ao encontro de volta.

O partido comezou con moita igualdade e mesmo os visitantes chegaron por diante ao primeiro tempo técnico 7-8. Pero a partir dese momento os locais empezaron a funcionar en ataque e bloqueo o que lles valeu para distanciarse ata de 8 puntos, 22-14. A relaxación e os fallos serviron para maquillar o final do set.

O segundo xa significou a relaxación total dos locais xa que coa igualdade se chegou ata 11-12. A partir dese momento un parcial de 0-5 serviu para que os visitantes se puxesen por diante con moita comodidade e desa forma empatar o encontro.

O terceiro set foi moi parecido ao primeiro. Igualdade ao principio e logo traballo local en bloqueo e defensa. Isto permitiulles chegar a unha diferenza de ata 6 puntos, 18-12.

Non foron suficientes xa que os erros locais, algúns case grandes, converteron o set nunha agonía. Menos mal que se definiu nun grande ataque local pero non sen antes pasar un gran sufrimento tanto no campo coma no banco.

Con dous sets a un todo parecía que sería mais tranquilo pero non foi así xa que os visitantes tamén xogan e os seus méritos tiñan para non querer perder. E desta forma novamente os espectadores puidemos ver unha repetición do segundo set onde os visitantes facían os puntos e os locais aínda non entraran no campo. Os locais chegaron a estar a dous puntos de diferenza 17-19 dos visitantes pero nese momento frearon o seu ímpeto e o seu traballo.

Coas táboas en todo o alto o quinto set foi para o equipo que o levou de xeito mais tranquila e este foi o vigués. Pero tampouco estivo falto de emoción xa que os locais estiveron cun claro 13-9, algo que outros xa tirarian a toalla, pero os visitantes seguiron loitando e puxeron a un punto, 13-12. A partir dese momento os cambios executáronse continuados e finalizou o encontro coa máxima igualdade.

A tratar de recuperar os xogadores, anímicamente, xa que todos poden dar mais do que fixeron esta tarde e sobre todo non cometer a cantidade de erros que se cometeron xa que agora todo pode pasar factura de cara á clasificación final.

CLUB VIGO 3 L'ILLA I GRAU 2

Parciales:25-18 (22m.)19-25 (22m.)25-23 (25m.)20-25 (24m.)15-13 (17 m.)

VIGO; Sánchez; Branco; Benassi; Diaz; Mahia e Silva. Libre Regueiro. Tamén xogaron; Guidolin e Justiniano.
L'illa; Navarta; Bouchdouk; Domínguez; Bacci; Salinas e Alberti. Herrera e Kukarsev. Libre Alfaro. Tambien jugaron;Herrera e Kukartsev

Árbitros: Abramo e Olea. Ben

Sábado, 13 de febreiro de 2010. Pavillón de Coia. 200 espectadores