Na tarde onte, martes, o Secretario Xeral para o Deporte de Galicia. José Ramón Lete, estivo presente no adestramento do CLUB VIGO VOLEIBOL, co fin de felicitar persoalmente os xogadores, técnicos e Directivos do Club polo éxito alcanzado ao conseguir alzarse coa III Copa Príncipe de Asturias celebrada esta pasada fin de semana en Castellón.

Ao mesmo tempo que departiu co equipo animou a todos a conseguir o último obxectivo deportivo que non é outro que a volta á máxima categoría do Voleibol Nacional, categoría na que merece estar o noso representante. Pediu a todos eles un último esforzo para que Vigo volva ter un equipo no mais alto algo que non dúbida se conseguirá, mesmo antes de finalizada esta segunda fase.

Todos agradeceron o trato persoal e institucional do Secretario Xeral e comprometéronse a cumprir os seus desexos que pasan por ser os mesmos que os propios e os do Club, así como os da cidade.

Noutra orde de cousas dicir que se está a traballar de cara ao primeiro enfrontamento desta próxima fin de semana ante o Club Lilla i Grau de Castellón, un dos seis do directos que terán ata a finalización desta segunda fase e que poderemos presencialo en Coia o sábado ás 18,30 horas.

Os xogadores que chegaron tocados de Castellón, Marco Zayas e Matias Guidolin, se recuperan con normalidade e espera que ambos os dous poidan estar a disposición de Flavio Calafell para este primeiro encontro, que todos consideran que é fundamental para empezar con bo piei e non perder o ritmo da cabeza que o ten moi marcado o Cajasol de Sevilla.

Xa existe ambiente de cara ao encontro e son moitos os afeccionados que se achegarán a Coia a presenciar o encontro e tamén animar aos locais a conseguir un triunfo.