vigo voleibolOs mellores xogadores españois, en idade junior, chegan ao Pavillón de Coia o sábado 23 ás 18,30 horas para enfrontarse ao Club Vigo nunha nova proba de lume para os xogadores de Suso Penedo. Despois da inesperada derrota ante Xátiva en terras levantinas, os novos xogadores vigueses deben levantar cabeza para enfrontarse ao segundo clasificado da superliga 2 e loitar para intentar quedar algún dos puntos en disputa.

Moita desigualdade xa que se enfronta o segundo clasificado ao décimo e nesta ocasión con moita diferenza sobre todo na propia mentalidade dos xogadores. Traballo semanal dos vigueses para recuperalos dunha derrota sufrida cando mellor o estaban facendo e sobre todo cando estiveron a punto de traerse os tres puntos para Vigo, o que lles daría moita tranquilidade de cara ao final da competición e conseguir canto antes o obxectivo de manter ola categoría. Non puido ser e agora trátase de que en cada partido que se dispute, tanto en Coia como fóra, deben loitar, coa suficiente tranquilidade, para conseguir ese obxectivo e facelo canto antes.

O conxunto visitante, adestrado polo exinternacional Benjamín Vicedo, ten nas súas filas aos mellores xogadores de todo o estado que se concentran en Palencia co fin de sacar deles o mellor nas categorías base e desta forma poder encher os ocos que van quedando na selección senior. Posiblemente os xogadores mais destacados sendo todos eles moi bos, son Iribarne e García, que semana tras semana están entre os mellores xogadores de cada xornada sobresaíndo os dous en ataque sobre todo pola súa envergadura. Xunto a eles completarán o sexteto inicial, Rodríguez, René, Martín e Anzaui. Todos eles co galego Dovale, de libre forman un equipo de moito nivel. Dovale disputou cos vigueses o Campionato de España xuvenil a tempada pasada. A eles debemos sumarlle a Silveira e Lorente que completan o mais destacado do conxunto Palentino. O obxectivo destes xogadores non é outro que o Campionato de Europa da súa categoría e nesta competición tratan de coller a maior experiencia para afrontar en veráns esta competición. Destacar que a maioría destes xogadores son desexadas polos mellores clubs do noso pais onde poderán seguir mellorando o seu nivel e competindo noutra categoría. Non se debe esquecer que o Vigo tamén, nalgún momento, tivo interese en incorporar a algún deles ás súas filas, algo que nestes momentos parece totalmente imposible.

En fronte estará un Vigo que veu traballando durante a semana para facer fronte a este encontro co mellor dos niveis e que dificilmente poderemos saber cal é ata que non empece o encontro xa que o grupo de Suso Penedo vai ter algunha baixa. Cholo Pérez por motivos laborais e Manuel Marcote, operado de urxencia (apendicite) no Alvaro Cunqueiro o pasado martes, serán dúas baixas seguras. Recupera a Carlos Galego e desta forma, sen ter todo o equipo, afrontará este difícil encontro. Todos son optimistas de cara a este pero tamén deben ser prudentes pois o rival é dos mellores de la categoría. Tamén debemos dicir que todos son conscientes da grande diferenza que existe entre ambos os dous conxuntos pero non se engurrarán ante ningún dos rivais aos que se enfronten nesta segunda volta da competición.

A espera que o Pavillón de Coia rexistre unha boa entrada para presenciar o que pode ser un encontro interesante e ao mesmo tempo que poida espertar o ánimo dos asistentes animando aos seus xogadores.

O encontro será arbitrado polos colexiados Baralla e Olea.