vigovoleibol1.2.10Tras clasificarse para a fase de ascenso á Superliga e rematar a liguiña batendo 3-2 ao UBE L’Illa en Coia este sábado, o C.V. Vigo disputará a vindeira fin de semana o torneo do K.O. A cidade de Castelló acolle a terceira edición da Copa Príncipe.

Os catro mellores equipos da primeira volta na Superliga masculina 2 cítanse na localidade levantina os días 6 e 7 de febreiro para disputar o primeiro título do ano na División de Prata do voley nacional.

Cajasol Juvasa, Club Vigo Voleibol, CV Almoradí e UBE L’Illa Grau enfróntanse por establecer o seu predominio na SVM 2. O primeiro choque será entre L’Illa Grau e o Almoradí (18:00); ás 20:30, o partido entre Cajasol Juvasa, que rematou primeiro a fase clasificatoria da Superliga 2, e os pupilos de Flavio Calafell (20:30). A final, o domingo 7 ás 12:00 horas.

Na segunda edición, en Gudalajara 2009, o Almoradí foi campión (3-0 ao segundo equipo do Unicaja Almería). O Almoradí é o único que repite da edición pasada. En Puerto Real 2008, o Vigo perdeu a final 2-3 ante o Barcelona; ambos ascenderían ao acabar o campionato ligueiro.

Os vigueses son, xunto ao Almoradí, os únicos que ao rematar a fin de semana poderán dicir que disputaron dúas edicións do evento. O pavillón Ciutat de Castelló será o escenario onde terá lugar a terceira edición da Copa Príncipe de Asturias, que promete emoción e igualdade e que parte sen un favorito claro, xa que os catro equipos optan á vitoria.