Derrota viguesa en San Sadurniño

Imprimir

Posiblemente o mellor deste encontro é o punto que se trae o Club Vigo de terra de Ferrol onde a veteranía local puido co ímpeto da xuventude viguesa. Os olívicos non xogaron un bo partido e iso foi o que aproveitaron os locais para facerse cunha vitoria que se lles puxo costa arriba cando perdían 1-2.

Un primeiro set moi igualado onde ningún dos dous era capaz de despegarse no marcador. Os vigueses chegaron a ter unha diferenza, ao seu favor, de tres puntos 11-14 que non souberon rentabilizar xa que locais empataron a 18 puntos cando o set estaba xa a finalizar e mesmo puxeron por diante dous puntos 20-18. Os vigueses chegaron a empatar a 22 puntos pero isto non serviu para que, nun final de infarto, os locais levasen o primeiro set por ese apertado 25-23.

O segundo set comezou coa mesma tónica que o anterior, é dicir, empates consecutivos e sen que ningún de dous equipos se puidese despegar no marcador do seu rival. Eran os locais os que levaban o marcador favorable pero sempre por un solo punto 7-6 e logo 10-9. A partir dun tempo solicitado por Penedo os vigueses fóronse tres puntos no marcador e novamente paso o do primeiro set onde os locais se entoaronse para empatar o set a 18 puntos. O empate chegou ata os 20 puntos. A partir dese momento os vigueses conseguiron o marcador e non deixaron reaccionar aos locais levándose o set por un claro 21-25.

O terceiro set volveu repetir a tónica dos dous anteriores onde os empates prevalecían no marcador e dende o comezo ningún dos dous equipos era capaz de despegarse no marcador. Os vigueses eran levábanos a iniciativa e por conseguinte despegáronse dous puntos 10-12 o que lles daba certa tranquilidade no seu xogo. Todo iso permitiu que se fosen no marcador ata de seis puntos 10-16, diferenza que aumentaron ata os oito puntos 10-18. Tranquilidade nas filas viguesas xa que finalizaron o set cun claro 17-25.

O cuarto set comezou cunha vantaxe para os locais de ata tres puntos, algo que non sucedera nos sets anteriores. Esta diferenza aumentou ata cinco puntos 11-6. Todo iso serviu para que os locais o levasen con moita tranquilidade e vencesen sen dificultades por un 25-20.

O quinto, que significa unha lotaría para calquera dos dous equipos fixo valer a veteranía dos xogadores locais, comezou cunha lixeira diferenza local de dous puntos 3-1. A partir dese momento a igualdade foi a tónica que levou o marcador ata que a veteranía local puido coa forza visitante e leváronse o set e como consecuencia o partido. Haberá que recuperar os novos xogadores vigueses xa que chega a Coia outro dos rivais da súa mesma liga, o Leganés de Madrid e trátase de non seguir cedendo contra os que son similares deportivamente.

SAN SADURNIÑO 3 CLUB VIGO 2