Vitoria do Vigo ante o Emevé de Lugo por 1-3

Imprimir

O primeiro set comezou cun Vigo forte e ben asentado no campo. De súpeto e despois de ir arriba cinco puntos 4-9 comezaron a aparecer as dúbidas no conxunto vigués. Os locais empataron o set a 15 puntos e a partir dese momento aos visitantes encolleulles o brazo e comezaron a fallar o que non fallan nunca e iso foi o que lles levou a perder este primeiro set.

O segundo comezou con moita igualdade e foron os vigueses os que primeiro despegáronse no marcador para marchar de tres puntos 8-11. Esa diferenza deu tranquilidade e sobre todo deu a motivación suficiente para mellorar no xogo. Todo iso fixo que se mantivese a diferenza e mesmo que se aumentase para finalizar o set empatando o encontro.

O terceiro set comezou con moita igualdade pero a partir do empate a 7 puntos os vigueses puxeron "as pilas" de xogar e o equipo comezou a facelo como saben e segundo o seu nivel polo que eses empates foron unha visión para os locais pois marcharon no marcador con moita facilidade para rematalo con esa diferenza de nove puntos no marcador.

O cuarto, que sería o último, xa foi un paseo para os xogadores de Suso Penedo. Dende o empate case inicial de 2-2 os vigueses despegáronse no marcador con moita facilidade facendo o que non fixeran no primeiro set. Posiblemente foi o mellor set dos visitantes que demostraron que é moito mais equipos que o que se viu ao comezo do encontro e que nestes enfrontamentos con equipos da súa "liga" poden conseguir moitos puntos.

A próxima fin de semana visita Coia o barcelonés do Llars Mundet que tamén é outro equipo da súa mesma liga que onde todos loitarán para conseguir un novo triunfo.

EMEVE 1 - CLUB VIGO 3
Parciais: 25-20 (24m.) 18-25 (26m.) 17-25 (22m.) 14-25 (22m.).