O líder levou os tres puntos

Imprimir

O Club Vigo Voleibol caeu derrotado na casa ante o Can Ventura Palma (0-3). Xa o comezo do encontro significou o inicio dun camiño que pronto percorrerían os xogadores visitantes. A mínima diferenza produciuse co marcador 6-7 favorable aos de Palma.

A partir dese momento os ataques e os bloqueos visitantes non tiñan resposta local e significaban a suma de puntos na cuadrícula que lles facilitou a vitoria deste set de xeito moi doado.

O segundo set foi o mais vistoso e entretido do encontro. Os vigueses melloraron nalgunhas facetas do partido e comezaron a bloquear e atacar. Con iso fixeron posible que dende o comezo a igualdade marcase a súa marcha. Co marcador 18-23 os vigueses foron capaces de achegarse ata un punto de diferenza 22-23 pero ese esforzo non foi suficiente para dobregar os seus rivais que finalizaron o set con eses dous puntos de diferenza.

Xa cun ceiro a dous na cuadrícula os vigueses o tiñan moi mal xa que os seus rivais non baixaron en ningún momento o ritmo de xogo e eles pouco melloraron dende o comezo do partido. Dicir que neste set os locais foron a remolque no marcador pero sempre cunha diferenza de dous ou tres puntos. Precisamente cando o set finalizaba foi cando cometeron varios erros que lles levou a perder por esa diferenza de sete puntos.

A próxima fin de semana enfrontaranse a Lugo, Ferrol e Boiro que xunto con Leganés son os equipos que teñen potencial similar ao dos vigueses.