Cabecera Vide

O Club Vigo perdeu en Sevilla

Era difícil o compromiso dos vigueses en terras sevillanas, sobre todo porque se enfrontaban ao líder, ademais un dos dous equipos que vencera na nosa cidade na primeira volta.

A iso debemos engadirlle que o encontro tiña dobre valor xa que estes puntos valen para a segunda fase cos que a responsabilidade galega era maior aínda. Con todo os vigueses chegaban a Sevilla responsabilizados de que este encontro, aínda que difícil, habería que loitalo e disputalo ao máximo de posibilidades. E iso fixo dende o comezo, o que supuxo para os locais un engadido de responsabilidade, pasarlle tamén certa dose de presión xa que nesta ocasión eran eles os que estaban obrigados a gañar e ademais a facelo con certa claridade para que os puntos en disputa non se distribuísen. Así as cousas as espadas estaban en todo o alto para que os dous mellores equipos da categoría disputasen un bo encontro, como así foi, e ademais deixasen ben claras as intencións duns e outros de cara á segunda fase. Nesta ocasión a pena estivo en que os vigueses ían gañando 2-1 e deixáronse empatar e cando un equipo vén de abaixo arriba está mais motivado que o que se deixa vencer. Novamente os vigueses daban vida a un rival que podía estar morto antes, o que significou que o que vai detrás poida impoñerse, como así foi, nun apertado 3-2, sobre todo pensando que no quinto set a vantaxe viguesa chegou a catro puntos, 4-8
O encontro comezou con empates no marcador e ningún dos dous equipos quería que o seu rival se fose por demasiados puntos que poderían supoñer unha derrota. Os vigueses moi metidos no encontro loitaban e levantaban balóns que parecían imposibles. Desta forma os locais comezan con vantaxe, non sen antes sinalar a lesión de Silva que se deixou notar.
O segundo set comezou de forma parecida ao anterior e ningún dos dous contendentes daban un balón por perdido, aínda que se veia aos vigueses moito mais entoados. A loita e sobre todo a ilusión fixeron que o set se fose á cuadrícula visitante co que as espadas seguian estando en todo o alto con empate a un set.

O terceiro set tamén foi de certa claridade para os vigueses e xa se notaba certa entrega dos locais ante o xogo que despregaban os visitantes. Ese traballo fixo que os galegos se fosen no marcador con certa claridade para pechar o set cunha diferenza de catro puntos.
Cando todo parecía que o vencedor fose o conxunto visitante comezan a aparecer os erros, de case sempre, con moitas imprecisións no conxunto galego que o que facían era entregar o set aos locais que xa se veian perdedores.

Cajasol 3 - Club Vigo Voleibol 2

Parciais; 27-25 (23m.) 22-25 (26m.) 21-25 (26m.) 25-18 (24m.) 15-12 (16m.)

Cajasol: Dá Silva; Santos; Nassini; Ederson; Pezuto e Segura. Líbeo Vega. Tamén xogaron: Justiniano e Silva.

VIGO; Sánchez; Thiago; Guidolin; Diaz; Silva e Branco. Libre Regueiro. Tamén xogaron: Galego; Justiniano; Mahia: Zayas e Tey.

Arbitros: Martínez e Trigo. Moi mal
Pavillón Municipal Montecillos.