Cabecera Vide

Final de tempada demasiado longo para o Club Vigo

Derrota do Club Vigo ante o CyL en Palencia (3-0). Fíxoselles demasiado longo este final de tempada aos xogadores vigueses ou posiblemente sobrou este último encontro contra o segundo clasificada da Liga. Deste xeito, finaliza unha tempada irregular pero chea de alicientes para os de Coia, que remataron conseguindo os obxectivos deportivos marcados ao seu comezo.

O encontro comezou cos consabidos empates no marcador. Este inicio non durou nada xa que pronto os locais se puxeron por diante e chegaron ao primeiro tempo técnico con catro puntos de vantaxe sobre os vigueses 8-4. Esta diferenza aumentou de xeito descarado xa que ao segundo tempo técnico se chegou case duplicando os algarismos do marcador 16-9. Xa os vigueses entregados e con moitos cambios no sexteto inicial se deixaron levar e rendéronse ao mellor xogo local. Os vigueses tampouco fixeron nada para mellorar este inicio.

O segundo set foi un calco do anterior. Novamente demasiados relaxados no campo e tamén entregados dende o inicio do set. Novamente os cambios non fixeron efecto nin melloraron o rendemento dos xogadores de inicio.

O terceiro foi igual que os dous anteriores pero peor no sentido de que as accións que mellor xogan os vigueses tamén lles fallaron. A recepción non se axustou en ningún momento do encontro e isto fixo que os saques dos locais fosen case medio punto.

PALENCIA 3 CLUB VIGO 0
Parciais: 25-14 (26m.) 25- 14 (26m.) 25-12 (28m.)
Palencia: Giraco; Sánchez; Monteagudo: Colito:Rodríguez e Jiménez. Libre Dovale. Tambien xogaron: García e Fernández.
VIGO: Oscar Sánchez; Penedo; Nathan; Galego; Ortega e Linares. Libre Táboas. Tamén xogaron: Isaac Sánchez: Tempas e Pérez.
Arbitros: Pidal e Mesiego. Ben
Pavillón da Xuventude. 50 espectadores