Cabecera Vide

Malia perder bo encontro do Club Vigo

Dende o primeiro set xa se presaxiaba que a cousa sería difícil e ao mesmo tempo moi igualada. E así foi, xa que os empates eran consecutivos e constantes. Os vigueses non se querían vir de baleiro da súa visita a Boiro e loitaban cada balón. Foi ao final do set cando os vigueses se foron dous puntos no marcador 18-20 pero que non souberon aproveitar e o set se foi á cuadrícula local.

O segundo set foi case un calco do anterior, xa que, a igualdade se mantivo todo o set e novamente os vigueses chegaban con dous puntos por diante cando o set finalizaba, 16-18, pero novamente os erros, ou unha pequena fraxilidade mental, fixo que o set, cos mesmos algarismos, se fose á cuadrícula local.

Pero os vigueses non deixaban de pelexar e loitar ao longo do encontro e desta forma comezou o terceiro set que xa, despois de iguais a 10 puntos, os vigueses fóronse no marcador por catro puntos. Esta diferenza fixo que se xogase con mais tranquilidade e sen tanta presión. Esta diferenza mantivérona ata case o final onde novamente apareceron os nervios. Nesta ocasión souberon contelos e con certa dificulta conseguiron vencer neste set e poñer as cousas difíciles aos locais.

O cuarto set, que sería o definitivo, xa comezou cos visitantes posiblemente demasiado relaxados e isto fixo que as vantaxes fosen en aumento. Desta forma pasouse dun 8-4 a un 16-8. Pero os vigueses aínda tiñan algo que dicir e seguían co seu traballo e a súa loita o que significou que puxeron o set nun apertado 17-14. Pero este foi un espellismo xa que os locais apertaron e finalizaron o set e o encontro cun doado 25-16.

Xa soamente queda que a próxima fin de semana, en Coia, os vigueses impóñanse ao San Sadurniño para materializar manter a categoría que é o obxectivo desta tempada.

C.V. BOIRO 3 CLUB VIGO 1
Parciais: 25-23 (30m.) 25-23 (29m.) 25-27 (32m.) 25-16 (27m.).
BOIRO; Romeral; Álvarez; Del Carmen; Souto; Iglesias e Pérez. Libre Alves. Tamén xogaron: Vinas e Abalo.
VIGO; Penedo; Oscar Sánchez; Galego; Nathan; Ortega e Alonso. Libre Táboas. Tamén xogaron: Linares; Isaac Sánchez e Saúl.
Árbitros: Soto e García.
Pavillón Municipal de A Cachada: 300 espectadores.