Cabecera Vide

O líder paseouse por Coia

Temíase a chegada a Coia do líder da clasificación da Superliga 2 de voleibol, pero non por ser o primeiro, se non por saber de que serían capaces os xogadores vigueses ao enfrontarse ao que ata este momento é o máis grande la liga. E pasou o que ninguén quería que pasase xa que os locais se entregaron antes do comezo do encontro.

Non entraron en ningún momento en xogo e soamente se puido ver algo do que poden ser capaces no segundo set, onde lle fixeron fronte a Castellón e sobre todo le tutearon aínda que de pouco serviu xa que os erros remataron cos vigueses. Haberá que seguir traballando moito para recuperar estes xogadores de cara ao final da competición e que nos próximos encontros non se deixen sorprender polos seus rivais que a partir deste momento son todos da súa mesma liga.

O primeiro set foi un presaxio do que sería todo o resto do encontro. Os vigueses demasiado fallones. Nas estatísticas do encontro puidose observar que ata o marcador de 6-12 os locais xa cometeran 10 erros o que significa que os visitantes soamente deberían meter o balón en campo contrario para puntuar, algo que non é frecuente nos vigueses. A actitude local desaparecera ou deixáronllesa no vestiario. As caras eran de derrotados e isto foi o que aproveitaron os visitantes. Con mais táboas e mais coñecedores da liga así como con moita mais veteranía fixeron o xusto para levar o primeiro set con demasiada facilidade.

O segundo set, xa comezou con moita igualdade no marcador, e os visitantes empezaron a sufrir cada vez que querían puntuar. As dificultades ían aumentando e os locais non daban un balón por perdido. Parecía que se meteran no encontro. Desta forma obrigaron a pedir un tempo morto ao técnico visitante cando o marcador estaba 10-14. A partir dese momento os visitantes comezaron a achegarse e os locais, novamente, a cometer os erros do set anterior. Así o marcador chega a empate a 18 puntos o que fai que os vigueses se veñan abaixo e a súa moral quede minada pola fortaleza mental dos visitantes que conseguiron o set despois de tres fallos seguidos dos vigueses.

O terceiro set, comezou e tivo unha marcha similar ao do primeiro. Os vigueses novamente desapareceran da cancha e non podía ou sabían reaccionar ante o seu rival. Nin os Cambios realizados polos técnicos foron capaces de poñer en marcha os seus xogadores. Todo iso tirou por terra o traballo que se fixo para afrontar este encontro coas máximas garantías de facer un bo encontro.

Agora toca seguir traballando para afrontar o seguinte encontro, sábado ás 19,00 horas, de rivalidade xa que visitan Boiro, equipo que perdeu na primeira volta en Vigo pero que despois de nadal se reforzou moito de cara á segunda volta.

CLUB VIGO 0 C.V. MEDITERRÁNEO 3
Parciais: 15-25 (22m.) 22-25 (25m.) 15-25 (20m.)
VIGO: Oscar Sánchez; Penedo; Nathan; Ortega; Galego e Linares. Libre Táboas. Tamén xogaron: Alonso; Isaac Sánchez; Saúl e Pérez.
CASTELLÖN; Vallés; Valencia, Navarta; Monfort J. e Monfort M. Libre López. Tamén xogou Navarro.
Árbitros: Barallo e Olea.
Pavillón de Coia. 150 espectadores.