O Xuvenil de Teis e o Club Vigo aportan cinco xogadores (catro chicas e un chico) para o campionato de España de Selecciones Autonómicas de voleibol para as categorías infantil e cadete, que se celebra dende hoxe ata o domingo en Valladolid.
Na categoría infantil feminina, as representantes do Xuvenil Teis serán Sara Urrea e Sabela Gómez. Para a selección galega cadete, as xogadoras de Teis que participarán con Galicia en Valladolid serán, Mirella Fuentes, convocada durante a tempada polo equipo de Superliga2, e Alicia González. O C.V. Xuvenil Teis tamén terá un representante no corpo técnico co adestrador Rodolfo Lago.
Na categoría masculina o Club Vigo aporta un xogador ao equipo infantil, Douglas Rivas.
O desenvolvemento da competición pódese seguir nos seguintes enlaces: