Mal encontro do Club Vigo

Imprimir

Derrota do Club Vigo ante o VP Madrid, o sábado no pavillón de Coia por 1-3. Temíase aos nervios nun encontro importante para os vigueses e eles, xunto aos moitos erros cometidos durante o encontro, foron os que propiciaron a derrota. A clave do encontro estivo no primeiro set onde os locais tiveron o set en franquía e non o souberon finalizar.

O primeiro set comezou con moita igualdade no marcador e sempre por diante os visitantes ata chegar ao empate a 13 puntos. A partir dese momento os locais apertaron o bloqueo e conseguiron facer un parcial de 6-1 o que poñía o marcador en franquía de 19-14. Nese momento chegaron as presas, cando o tiñan doado, e os moitos erros que foron os que lle deron vida aos visitantes. Ninguén soubo reaccionar dentro da cancha e posiblemente algún cambio facíase necesario pero non foi así o que supuxo rematar derrotados neste parcial.

O segundo set supuxo unha reacción local que xogando como o saben facer foron por diante sempre no marcador con diferenzas que comezaron sendo pequenas, de dous puntos, para marchar rapidamente e tranquilizar aos moitos espectadores que había en Coia.

O terceiro set supuxo máis do visto que o primeiro. Os locais sempre igualaban o marcador dos visitantes que foron capaces de desequilibralo no segundo tempo técnico para chegar por diante de dous puntos 16-14. Isto foi un espellismo porque os erros saíron a relucir e ninguén dos que estaban no campo era capaz de tomar o mando en situacións complicadas. Todo iso significou que os madrileños fosen capaces de facer un parcial de 4-11 o que dá unha idea do desastroso que estaba a xogar o conxunto vigués.

O cuarto, que sería o último, foi un calco dos anteriores perdidos xa que os vigueses chegaron a estar por enriba un punto 15-14 que non significou nada mais que chamar aos erros para que saísen ao campo para que os madrileños fixesen un parcial de 1-11 e finalizar o set e o partido.

CLUB VIGO 1 V.P. MADRID 3
Parciais: 26-28 (32m.) 25-16 (22m.) 20-25 (26m.) 16-25 (24m.).
VIGO; Sánchez; Parga; Rodríguez; mateo; Galego e Alonso. Libre Cali. Tamén xogou Oscar Sánchez
MADRID; Mahia; Jiménez; García; Vidal; Fernández e Dante. Libre. Guerra. Tamén xogou Román.