O compromiso dos vigueses era difícil toda vez que ambos os dous equipos viñan de ter dous resultados totalmente distintos. Por unha parte os locais vencían no seu desprazamento a Palencia e os vigueses saían derrotados do seu desprazamento a Castellón. Por outra parte a baixa de Eduardo Arroyo, libre vigués, había moito mais complicado este encontro.

O primeiro set comezou con certa vantaxe visitante aos que lles custaba mantela xa que a responsabilidade lles podía por momentos. Ninguén, do equipo vigués quería que este encontro se perdese e así foi xa que ao segundo tempo técnico a vantaxe xa era de sete puntos, 9-16. A partir dese momento mantivéronse as distancias que foi o que permitiu que a cuadrícula viguesa empezase cun set.

O segundo set xa comezou con moita claridade para os vigueses que seguían mantendo o mesmo ritmo de traballo que ao final do set anterior. Neste caso as diferenzas mais claras aínda e no primeiro tempo técnico xa había unha diferenza de catro puntos 4-8 que se ampliou no segundo tempo a nove puntos 7-16. Con esta claridade os vigueses deixáronse ir para vencer con claridade.

O terceiro set significou unha gran relaxación visitante e un querer vencer por parte dos locais. A defensa local funcionaba e os ataques visitantes saían fóra do terreo de xogo. Isto empezaba a minar os vigueses que unha e outra vez vían que as súas vantaxes desaparecían con moita rapidez. Os fallos visitantes e os acertos locais déronlle este set.

O cuarto set tenia que significar o peche do encontro por parte visitante ou pola contra perderían unha situación moi propicia para traerse tres puntos. Non podían permitirse os fallos do set anterior e así foi xa que dende o principio marcharon no marcador por tres puntos que levaron moita tranquilidade ás filas galegas. Esta diferenza ampliouse ata os seis puntos e a partir dese momento empezaron a xogar como un bo equipo. Non deixaron reaccionar aos locais e iso valeulles para levarse o set con facilidade e traerse os tres puntos para a súa cuadrícula.

Agora toca recuperar o libre Arroyo e afrontar o desprazamento a Málaga a próxima semana, onde deberán referendar este resultado e volver á senda das vitorias e manter a posición privilexiada que teñen nestes momentos.

CARTAGENA 1
CLUB VIGO 3

Parciais: 17-25 (23m.) 14-25 (24m.) 25-22 (27m.) 16-25 (22m.)
Cartagena: Llach; Baños; Fernández; Bacci; Guardano e Cruz. Libre Pérez. Tamén xogaron: Germán e Froitos.
VIGO; Sánchez; Branco; Benassi; Guidolin; Díaz e Mahia. Libre Tey. Tamén xogaron; Galego, Zayas e Justiniano.
Arbitros: Rodríguez e Romeiro. Ben
Pavillón Central de Cartagena. 200 espectadores.