Cabecera Vide

Derrota do Club Vigo ante o Rio Duero en Coia

Os vigueses caeron derrotados cun marcador de 1-3 en Coia. Nunca tivo tantas posibilidades de puntuar o conxunto vigués, ante Soria, como nesta ocasión. O motivo polo cal non o fixeron foi a grande diferenza de experiencia dos dous conxuntos que a próstrea foi quen declinou a balanza para o lado castelán. Nin a remontada do segundo set motivo aos vigueses para apertar un pouco mais en defensa e poder levarse, como mínimo, o punto que significa facer dous sets ao rival aínda que a vitoria rematase levándolla o conxunto visitante.

O primeiro set comezou con pequenas diferenzas no marcador a favor dos visitantes. Os dous ou tres puntos marcaban o devir do set e así con certa tranquilidade levábase o xogo por parte soriana. Non foi así cando os locais, despois do empate a 17 puntos fixeron dúas grandes defensas que remataron por decantar o set ao seu favor.

Malia ter menos público, nas bancadas, do que vén sendo habitual, estábase a gozar do xogo dos locais non así dos erros que comezaron a chegar dende o inicio deste segundo set. Como consecuencia os visitantes fóronse moi doado no marcador ata chegar a dobrar a puntuación, 7-14. A partir deste momento os vigueses apertáronse con algún bo bloqueo e algún ataque non fallado e puxéronse a tres puntos, 14-17. Novamente apertaron os sorianos e colocáronse nun claro 19-24. Neste momento os espectadores viron o mellor do partido por parte viguesa xa que non se puxeron nerviosos e conseguiron o mais difícil que foi empatar o set a 24 puntos. Xa solo faltaba que os visitantes puxesen nerviosos cousa que non sucedeu e a súa grande experiencia os levou a gañar o set e a afundir os ánimos locais.

O terceiro set parecía que ía ser o da remontada xa que os vigueses puxeron por diante con moita facilidade ata chegar a un claro 10-5. Pero foi a partir dese momento cando xurdiron os nervios nas filas viguesas e xa se estaba mais pendente dos colexiados que do propio partido. Xogadores, algún, experimentados víronse impotentes ante as deficientes accións que levaron a cabo e que non frutificaron. Desta forma os visitantes con mais facilidade que nos dous sets anteriores levaron este terceiro que xa marcaba o camiño da vitoria final.

O cuarto, no que esperaba unha pequena reacción viguesa, correu o mesmo camiño que o set anterior. Moita igualdade no seu comezo para que mediado o set os visitantes marchasen de cinco puntos para finalizar o set, novamente cun erro local, con mais facilidade da prevista.

Agora haberá que seguir traballando xa que os miras están postas na próxima fin de semana onde se desprazan a Lugo a disputar un encontro da máxima rivalidade ante os locais e que nesta ocasión os vigueses se quererán resarcir da derrota sufrida, nun moi mal partido en Vigo, na primeira volta.