Cabecera Vide

O Club Vigo sae derrotado en Castellón

A tónica que o Club Vigo demostrou a pasada semana no encontro contra Cajasol mantívose este sábado no seu desprazamento a Castellón nun momento complicado para os nosos representantes xa que perden a primeira praza e os rivais lles pisan os talóns.

O grande comezo da competición a vai truncada, desta forma, con dúas derrotas consecutivas e a mans de dous rivais directos, dos que cremos que estarán entre os catro primeiros na segunda fase. Posiblemente cabe pensar que a estas alturas a algún dos xogadores lles esquecería xogar xa que o desenvolvemento do encontro disputado onte non era para perder por un rotundo 3-0 aínda que o rival fose dos importantes da categoría. Haberá que temperar os ánimos de todos para retomar a senda das vitorias xa que os vigueses deben realizar dous desprazamentos mais, a Cartagena e Málaga antes de recibir en Vigo a Almoradí.

O primeiro set desenvolveuse dun xeito moi irregular (similar aos disputados en Vigo a semana pasada) xa que os vigueses nada mais comezar foise no marcador por 0-6. Esta diferenza empezaba a marcar a situación dun e outro equipo. Os vigueses arrasando e os levantinos sufrindo nas súas carnes o que podía ser unha derrota clara. Todo foi un espellismo xa que os locais comezaron a recuperarse mentres que os visitantes tiraban a toalla. As caras de derrota empezaban aparecer nas filas viguesas e os brazos baixos facían que se empatase o set. Pero foi ao final deste cando os vigueses volveron tomar distancias perigosas xa que puxeron cun claro 22-24 para poder pechar este primeiro set. Nese momento comezaron a fallar a concentración e sobre todo a responsabilidade de tomar as rendas para poder sentenciar o primeiro set. Os erros visitantes deron ao traste co resultado e foron os locais, sen facer nada do outro mundo, os que resolveron a grave situación pola que atravesaban para empezar a marcar, eles se, a diferenza no marcador.
O segundo set foi moi similar ao anterior, con empates sucesivos e moita igualdade. Os vigueses non resolvían nos momentos de dificultade e ninguén tomaba as rendas dun equipo que se estaba a deixar gañar. A forma en que novamente se perde este set é o que fai que a situación empece a poñerse complicada xa que é un tema de actitude e non de descoñecemento por parte dos membros do equipo vigués.

O terceiro e último set é o da impotencia xa que mentres uns (os locais) se crían poder gañar 3-0, outros (os visitantes) víanse derrotados nun encontro que, despois de perder o primeiro set, deberían seguir loitando como o fixeron nos cinco primeiros encontros da competición.

Haberá que seguir loitando para que tanto o técnico como os xogadores non decaian nunha actitude derrotista e poida sobrepoñerse a unha situación que xa viviron noutras tempadas e sempre foron capaces de sacar adiante. Agora que o loiten igual.

Parciais: 27-25 (32M.) 25-23 (27M.) 25-19 (25M.)
Castellón; Bouchdouk; Bryan; Domínguez; Salinas; Baldisera e Herrera. Libre Alfaro. Tamén xogaron: Navarta e Vázquez.
VIGO; Sánchez; Branco; Benassi; Guidolin; Díaz e Mahia. Libre Regueiro. Tamén xogaron: Galego; Zayas; Justiniano e Tey.
Árbitros: García e De Moya. Ben
Pavillón Pablo Herrera. 200 espectadores.