Cabecera Vide

O Club Vigo sae derrotado de Coia

O mais destacado do encontro foi a participación dos xuvenís locais xa que mediado o segundo set o técnico vigués, que viña arrastrando unhas pequenas molestias ao longo da semana, toma a decisión de sentar no banco, por precaución, dando as rendas do equipo a Peláez.

A iso sumou a inclusión do resto de xuvenís do equipo o que animou un pouco aos afeccionados presentes en Coia. Os xogadores axudaron xa que dende a súa entrada loitaron para non sufrir unha derrota escandalosa e deixaron o pavillón ben alto con grandes defensas e bos ataques que fixeron as delicias dos presentes.

O primeiro set tivo moi pouca historia xa que dende o inicio os visitantes se puxeron por diante con moita facilidade xa que os locais eran os que cometían mais erros e case entregaban o set. As diferenzas fóronse dobrando dende 5-10. Nin os tempos mortos daban opción a calquera tipo de mellora e os locais mantiñan un grande nivel de erros que aproveitaron os visitantes.

O segundo set comezou con moita mais igualdade polo que todos nos imaxinabamos que o equipo vigués lle daría un pouco mais de traballo aos castellonenses, pero non foi así xa que mediado o set foi cando comezaron as diferenzas a aumentar o que non daba ningunha abertura para que os vigueses puidesen apertar o set. Mediado este xogo foi cando fixeron entrada os xogadores máis novos que animaron un pouco mais aos afeccionados. Todo iso de pouco serviu xa que cos bos ataques e grandes bloqueos os visitantes conseguiron o set.

O terceiro set foi o mais entretido xa que o equipo xuvenil non se entregou en ningún momento, mesmo foron capaces de poñerse por diante no marcador por primeira vez en todo o partido, 9-8. Loxicamente foi un espellismo xa que os visitantes volveron apertar en bloqueo e se sacaron a presión de diante.

Vimos a un Vigo case entregado dende o comezo do partido e a un Castellón moi serio en todas as súas formulacións o que significa que o traballo dos vigueses debe ser grande para poder facer fronte aos equipos da súa liga pero co ánimo suficiente como para non saír derrotados. Os afeccionados esperan que se poida repetir o nivel mostrado ante Andorra e a próxima fin de semana pode ser unha boa ocasión xa que se recibirá, novamente en Coia, á Vecindario de Las Palmas.

CLUB VIGO 0 LILLA I GRAU 3
Parciais: 14-25 (29m.) 21-25 (29m.) 18-25 (26m.)
VIGO; Sánchez; Parga; Mateo; Rodríguez; Ortega e Galego. Líbero Cali. Tamén xogaron: Penedo; Linares; Alonso e Pelaez.
CASTELLÓN.- Martín: Rivera; Sánchez; Dreyer; Herrera e Vázquez. Líbero Bescos. Tamén xogaron: Junquera e Montoliu.
Árbitros: Sabroso e Suárez. 
Pavillón de Coia. 150 espectadores.