Os novos xogadores vigueses puideron contra os expertos xogadores andorranos. Puxeron moito honor e a súa falta de experiencia cubrírona, moi ben, coa loita, en defensa, e sobre todo con non se vir abaixo en ningún momento. No quinto set os visitantes se puxeron por diante cun perigoso 2-7 que os locais superaron con moito traballo o que lles permitiu vencer por ese apertado 3-2.

Os vigueses inauguran a súa cuadrícula e xa contan con dous puntos na clasificación. O técnico vigués cambiou a recepción dando entrada a Oscar Sánchez como libre que é o colocador de xuvenís e tivo unha destacada actuación.

O primeiro set foi de moita loita local e de salvar balóns incribles ou case imposibles xa que os visitantes co seu grande equipo eran capaces de dobregar o ímpeto local. Os empates sucedíanse no marcador e ningún dos dous equipos se sacudía a proximidade do rival. Foron os vigueses os que con dous grandes bloqueos se despegaron dous puntos que a próstrea deulles a tranquilidade suficiente para vencer no set.

O segundo tivo pouca historia xa que os visitantes se puxeron por diante con bastante facilidade e deulles tranquilidade para facer o seu xogo co que non podían os vigueses. Os bloqueos de Bernal e Vintos non deixaban que os locais se aproximasen no marcador. A tranquilidade visitante deulles o set.

O terceiro set xa comezou cos vigueses por diante no marcador e con diferenzas de ata catro puntos. Pero ninguén estaba tranquilo xa que o traballo en defensa dos visitantes facía que os locais non puidesen relaxarse. Despois dunhas grandes defensas locais, marcharon tres puntos no marcador cos que finalizaría o set.

Os locais parece que se relaxaron cun punto na súa cuadrícula e foron os visitantes os que dende o principio puxeron por diante con moita facilidade.

O quinto set, o da lotaría, presentábase complicado. Un equipo moi novo e outro moi experto. O comezo non puido ser peor para os vigueses xa que nada mais empezar os visitantes foise con facilidade no marcador por 5 puntos de diferenza 2-7 o que poñía o set e o partido moi costa arriba. Pero esa loita e honor viuse no cambio de campo onde os vigueses bloquearon, recibiron e atacaron para empatar o set a 10 puntos. A partir dese momento os locais foron capaces de darlle a volta ao set e por conseguinte ao partido. Final de infarto e con moita alegría local pola primeira vitoria desta tempada.

Agora toca referendar a próxima semana este resultado na visita que os vigueses farán a Madrid.

CLUB VIGO 3 C.V. ANDORRA 2
Parciais: 25-21 (25m.) 17-25 (27m.) 25-22 (29m.) 16-25 (25m.) 15-12 (17m.).
VIGO: Sánchez; Rodríguez; Galego; Ortega; Mateo e Parga. Libre Oscar Sánchez. Tambiuén xogaron: Penedo e Pelaez.
ANDORRA: Dá Silva; Bernal; De Amo: Mata; López e Vintos. Libre García. Tamén xogaron: Lanza e Salvador.
Árbitros: Losada e Alvarez. Ben.
Pavillón de Coia. 150 espectadores.