Cabecera Vide

Derrota en Sevilla do Club Vigo

É moi difícil a liga que teñen que disputar os vigueses, sobre todo esta tempada onde o equipo está cheo de xogadores con moito futuro pero xuvenís, e isto non deixa de ser un contratempo cando se enfrontan a equipos con xogadores con grande experiencia na categoría e sobre todo con equipos cun grande fondo no seu banco que poden mover cando lles apeteza.

O primeiro set, e como vén sendo habitual, os vigueses é cando se comezan a meter no partido, case fan o quentamento, xa que os locais marcharon rapidamente no marcador por cinco puntos 8-3 o que lles permitiu xogador o resto do set con moita relaxación e deixando a responsabilidade en mans viguesa. Os visitantes pola contra comezaron a cometer moitos fallos, de recepción, e isto levou en volandas á finalización do primeiro set con esa diferenza de dez puntos no marcador.

O segundo set, xa metidos os vigueses no partido, tivo outra reposta visitante xa que dende o comezo os empates no marcador eran constantes e ningún dos dous equipos conseguía marchar mais alá de dous puntos, 16-14, para os locais. Foron os vigueses os que en dúas boas accións conseguiron empatar e mesmo se puxeron por diante 21-23. A partir deste momento é cando se nota cando un equipo ten nas súas filas a xogadores experimentados xa que aos vigueses lles tremeu a man para pechar o set, tiveron un balón de finalización, e se os locais con moita tranquilidade os que lle deron a volta ao marcador e finalizaron vencendo por ese apertado 27-25.

O terceiro set foi un calco do primeiro onde os vigueses comezaron a fallar en recepción e a cometer demasiados fallos que non se poden permitir por non lle dar vantaxe aos seus rivais. Posiblemente fose xa unha entrega no set e por conseguinte no partido.

Agora a esperar, con traballo, a chegada o sábado en Coia a Andorra, outro conxunto experimentado que virá á nosa cidade a levarse os tres puntos e esperamos que os vigueses melloren o rendemento mostrado ata estes momentos.

CAJASOL 3 CLUB VIGO 0
Parciais: 25-15 (23m.) 27-25 (34m.) 25-16 (25m.)
CAJASOL; Justiniano; Muñoz; Cabreira; Sanhelli; Ruiz e Nassini. Libre Bruque. Tambien xogaron: Sánchez e Batet.
VIGO; Sánchez; Parga; Ortega; Alonso; Mateo e Berceruelo. Lïbero Panedo. Tambien xogaron; Pelaez; Oscar Sánchez e Linares.
Árbitros: Godoy e Correa. Ben.
Pavillón Los Montecillos. 600 espectadores.