O Vigo réndese ante o Teruel no segundo encontro de liga do fin de semana

Imprimir

En partido adiantado, a petición dos locais, o Club Vigo xogau o segundo encontro no seu primeiro fin de semana de competición ante o CAI Teruel. Xa se presumía como moi difícil este encontro contra o máximo aspirante a renovar o título de Liga e Copa para esta presente tempada, e se a iso lle sumamos que o día anterior se disputou o encontro en Soria contra o titular, e doado pensar que os xogadores vigueses chegaban cansos dun dobre desprazamento e que o seu rendemento sería moi por debaixo das súas posibilidades.

Pero tamén podemos pensar que será moi difícil que calquera equipo da competición poida rabuñar algún punto no seu desprazamento a terras turolenses. Se lle engadimos a grande diferenza de presuposto e de equipo de cada un dos dous equipos xa nos dá como resultado a vitoria dos locais sobre os vigueses. Tamén comentar que os xogadores galegos entraron no campo xa derrotados, malia a súa xuventude, poderían facer algo mais do que fixeron. A falta de recepción foi o principal motivo das grandes diferenzas en cada un dos sets disputados, salvo o segundo onde os vigueses estiveron algo mais entoados. Eduardo Sánchez puxo no campo a todos os xogadores que levou a este desprazamento e que o terceiro set o disputaron totalmente os xogadores mais novos, é dicir os xuvenís do primeiro equipo.

Dende o comezo do primeiro set xa víronse as grandes diferenzas que se reflectiron no marcador. Ao primeiro tempo técnico chegouse cunha diferenza de seis puntos 8-2 o que dá unha idea do potencial de Teruel. Estes algarismos aumentaron a medida que transcorría o set e ampliáronse ata esa grande diferenza que marcou o final do set.

O segundo set mantívose moi igualado ata o empate a dez puntos. A partir dese momento os locais empezaron a apertar, sobre todo no saque, e os galegos non tiveron mais remedio que se render a esa gran superioridade.

O terceiro set foi moi similar ao primeiro pero coa grande diferenza que este o disputaron totalmente os xogadores mais novos do criadeiro vigués e que nalgúns momentos fixeron boas xogadas pero que non foron suficientes para poñer nalgún apuro aos locais.

Agora toca recuperarse para afrontar o primeiro encontro na nosa cidade xa que o próximo sábado chega a Coia o EMEVE de Lugo que nesta primeira xornada venceu a Madrid na casa destes últimos por un apertado 2-3 o que significa que sería moi importante poder reverdecer a vitoria obtida na final de e hai dez días.

TERUEL 3 CLUB VIGO 0
Parciais: 25-9 (23m.) 25-15 (28m.) 25-9 (24m.)

TERUEL; Rodríguez; Sugrañes; Altayó; Barcala; Ereu e Viciana. Líbero Llenas. Tamén xogaron: Castilla; Mora e Torcello.
VIGO; Sánchez; Parga; Mateo; Ortega; Linares e Rodríguez. Líbero Penedo. Tambén xogaron, Oscar Sánchez; Alonso; Nathan e Peláez.
Árbitros. Hugo Suárez e José Bartolomé.
Pavillón Municipal de Los Planos. 800 espectadores