Na tarde do sábado viuse un equipo moi profesional (Juvasa) e outro totalmente afeccionado (Vigo), a un equipo que se cría gañador e a outro que se conformaba coa derrota, a un grupo moi loitador (Juvasa) e a outro ao que todo lles daba igual. E así se consumou a primeira derrota viguesa nesta tempada contra un conxunto que, polo visto ata este momento, é serio candidato ao ascenso mentres que os demais terán que seguir traballando para poder conseguilo.

O primeiro set non tivo historia xa que os locais, moi metidos no partido, estaban a varrer da cancha a uns sevillanos que non remataban de atopar o seu sitio. As vantaxes cada vez facíanse mais grandes e ninguén era capaz de parar o vendaval vigués. Vos afeccionados animando e o equipo demostrando a súa grande capacidade de ataque, defensa e bloqueo.

O segundo set xa resultou outra historia xa que os visitantes se meteron no partido e a cada acción local respondían eles con outra igual ou mais importante. Isto motivou que os empates se fosen sucedendo e que ningún dos dous equipos se fose no marcador. Chégase con empate a 24 puntos e lesiónase Morata, algo que poderían aproveitar os locais para sentenciar, pero non foi así xa que foron os sevillanos os que aproveitaron un erro local e unha boa defensa para empatar o partido.

O terceiro set debería gañalo o conxunto vigués xa que o técnico visitante, González, tivo que mover moito as súas fichas para poder suplir a baixa de Morata. Pero cando todos pensamos que iso suporía un baixón, os xogadores sevillanos, moi profesionais, sufriron e melloraron, se cabe, o rendemento dos sets anteriores. Non funcionaba a defensa nin o bloqueo local, o que significou que volvesen impoñerse, despois dun apertado empate a 23 puntos, neste set.

O cuarto, e definitivo set, significou mellor traballo dos visitantes mentres que os locais non soamente se foron do partido sino que daba a impresión que mesmo marcharan do propio pavillón. Incluímos o técnico locais que non pediu ningún tempo morto neste set, coma se esquecesen que existen. En definitiva este é un pequeno borrón na marcha tan positiva que levaron ata agora e que non debe impedir que poidan seguir sumando mais vitorias xa que aínda que perdesen este partido seguen sendo os líderes da competición e terán que demostralo a próxima fin de semana en Castellón ante outro dos considerados grandes.

CLUB VIGO 1 CAJASOL JUVASA 3
Parciais; 25-16 (25m.) 26-28 (35m.) 23-25 (26m.) 17-25 (21m.)
VIGO; Sánchez; Branco; Guidolin; Benassi; Diaz e Mahia. Libre Regueiro. También xogaron: Justiniano e Zayas.
JUVASA: Pezuto; Garrido; Morata; Santos; Dá Silva C.; e Dá Silva I. Libre Garamendi. También xogaron: Justiniano e Segura.
Árbitros: Abramo e Redondo. Ben
Pavillón de Coia. Boa entrada. 300 afeccionados.