penedo_sanchez_vigo_voleibolA parella formada por Pablo Penedo e Oscar Sánchez, pertencentes ao Club Vigo Voleibol, veñen de proclamarse subcampions de España de Voley Playa sub 19 en competición disputada ao longo da semana pasada e finalizada onte domingo, ás 15 horas, na praia de Punta Prima pertencente ao Concello de Orihuela, en Alicante.

Para os novos xogadores vigueses é un éxito, tanto para eles coma para o propio Club Vigo Voleibol, xa que segue sendo unha demostración do traballo de canteira pero sobre todo o mérito destes xogadores, é que teñen 17 anos e disputaron a final contra os representantes da Comunidade Valenciana que están no seu último ano e teñen dous anos mais, é dicir 19. Aos vigueses, aínda lles quedan dous anos para seguir demostrando ata onde poden chegar. Eles son os que a tempada pasada se proclamaron Campións de España de Volei Playa en categoría cadete.

A competición comezou o xoves pola mañá, e o seu primeiro enfrontamento foi o que lles emparellou aos representantes de Melilla aos que venceron con certa facilidade por dous sets a cero. O venres pola mañá o enfrontamento foi contra os representantes de Asturias e aínda que un pouco mais difícil o resultado tamén foi favorable por dous sets a cero. O venres disputaron un dos encontros mais comprometidos e sobre todo mellor disputados xa que se enfrontaron ao número un de Canarias. Este encontro significou dar un paso cara a arriba na consecución dos catro primeiros postos xa que venceron por un apertado 2-1.

Co resultado anterior metíanse en semifinais do Campionato, algo xa considerado como un gran éxito sobre todo considerando a idade dos xogadores do Club Vigo. Nesta semifinal enfrontáronse ao Campión e representante de Andalucía, aos que tamén venceron por 2-1.