Comeza a tempada para o Vigo Voleibol

Imprimir

Un central pechará o equipo 2013/14. Xa se pode facer oficial a renovación doutros tres xogadores de cara á próxima tempada para o Club Vigo. Despois do compromiso de Regueiro, Cali e Galego agora chega a de Mateo, Parga e Eduardo Sánchez, estes dous últimos no seu dobre labor de xogadores adestradores. Desta forma seis dos xogadores sénior da tempada pasada seguirán no equipo de cara á seguinte e soamente falta a contratación dun central que vinga a substituír a baixa de Óscar Gómez que deixa a practica do Voleibol.

Un dos obxectivos de Eduardo Sánchez era conseguir que seguisen no equipo o maior número de xogadores que participaron a tempada anterior e xa está conseguido, o que significa que toda a actividade do Club segue o seu curso normal.

Xa están tanto os adestradores como os directivos detrás dun central que teña as características de Óscar e que non será doado atopalo xa que se recibiron negativas de xogadores galegos e agora están buscan no mercado foráneo o que indubidablemente pasará por un gasto maior se é de fóra de Galicia, como así parece.

A ilusión é grande en todos os participantes nesta nova tempada xa que tamén se segue pensando na canteira para que participe en maior medida en que o fixo a tempada anterior. Despois dun grande traballo coa base non todos van seguir no Club xa que por distintos motivos, estudios, etc, algúns causarán baixa pero serán substituídos polas novas xeracións que veñen pisando forte para pelexar en moi pouco tempo cos mais veteranos na disputa dun posto no primeiro equipo.

Eduardo e Parga teñen pensado comezar os adestramentos o luns día 2 de setembro onde esperan poder contar co equipo ao completo, xunto ao novo central que se contrate nestes días, e desta forma iniciar o que será a nova tempada.

Os de Touza, teñen previsto a participación na Copa Galicia e logo algúns encontros contra algún conxunto portugués, preparando a presentación do equipo a primeiros de outubro, no Trofeo Cidade de Vigo, para comezar a disputa da competición o sábado, día 12 de outubro, en Soria contra o Numancia e presentarse oficialmente en Vigo o día 19 nun encontro de rivalidade contra o Emeve de Lugo, equipo recén ascendido esta tempada á máxima categoría do Voleibol Nacional.