O Club Vigo triunfa na praia

Imprimir

volei_praiaA sección de Voley-Playa do Club Vigo Voleibol proclamouse esta fin de semana campioa galega en categorías sub-19 e sub-21 masculina e sub-17 feminina. O Club Vigo segue tirando proveito da súa canteira, que nos últimos anos está a dar tantas alegrías á entidade.

A parella Sánchez-Penedo mostrouse intratable en todo o campionato gañando con autoridade, con só 17 anos, en categorías sub-19 e sub-21. Os vigueses presentábanse á última proba, celebrada o pasada fin de semana na praia de Ézaro (Dumbría), encabezando o ránking nas dúas categorías e nas praias coruñesas confirmaron a súa supremacía. En categoría sub-21 proclamáronse vencedores despois de perder unicamente 2 partidos en todo o circuíto e na súa categoría (sub-19) a superioridade foi aínda máis incontestable xa que alcanzaron o triunfo final manténdose invictos nas catro probas do circuíto. Ademais de Penedo-Sánchez hai que destacar a actuación doutros compoñentes do club como Nathan Matos o que lle serviu ser convocado para o grupo de tecnificación de la Federación Galega.

volei_praia_femininoSe o triunfo en categorías masculinas vén sendo habitual nos últimos anos, a alegría completouse nesta edición coa vitoria das rapazas en sub-17. Antía, Xiana e Sofía foron as compoñentes do equipo que venceu na última proba de Ézaro, o que lles supuxo encabezar a clasificación final do campionato galego superando o EMEVE de Lugo.

Coa finalización do circuíto galego, as metas céntranse agora para a parella Sánchez-Penedo na preparación do campionato de España de Selecciones autonómicas que se celebrará do 5 ao 8 de setembro en Alicante.