Cabecera Vide

O Club Vigo comeza a perfilar o seu equipo

O Club Vigo Voleibol manterá a mesma filosofía da tempada anterior, que non é outra que formar un grupo totalmente galego e no posible a maior parte de xogadores de Galicia. Nestes días de descanso activo, os xogadores están a participar nas distintas competicións de Voley Playa, a directiva xa renovou con tres dos xogadores senior da tempada anterior, Carlos Galego, Carlos Rodríguez "Cali" e Eduardo Arroyo.

Oscar Gómez, que no seu momento xa confirmou a súa retirada total de practica deportiva, será un dos postos que necesariamente haberá que cubrir. Tamén falta saber quen será o adestrador xa que Eduardo Sánchez, co que xa se contactó, responderá nuns días.

Existe outra parte non menos importante que os xogadores senior e son os xogadores xuvenís cos que se pechará o plantel. Nestes momentos case todos os que participaron a tempada anterior se seguen mantendo no Club aos que se poderá sumar algún outro xogador que pola súa xuventude e condicións poida, nun futuro próximo, sumarse aos xogadores do primeiro equipo.