Cabecera Vide

O Vigo vence con dificultades a Palencia 2010

O temor a unha vitoria e sobre todo contra Palencia 2010 plasmouse na cancha xa que a vió a un grande equipo, Palencia, e a outro pobre de recursos e excesivamente espeso á hora de resolver calquera acción que se presentaba no campo. Non debería o VIGO relaxarse contra ningún equipo e menos contra o rival desta tarde que dará moitos desgustos nesta categoría xa que os novos xogadores Palentinos demostraron que forman un gran conxunto.

O primeiro set comezou con moita igualdade e ningún dos dous equipos se despegaba no marcador. Os empates eran constantes e as diferenzas pequenas. Aos tempos técnicos sempre se chegou con vantaxe visitante. Cando o set estaba a finalizar foron os locais, sacando forza da súa experiencia, os que levaron o sel.

O segundo set foi moi parecido no seu desenvolvemento ao primeiro. Non podía o VIGO despegarse no marcador dos seus rivais. As defensas visitantes parecían as dun conxunto con grande experiencia no campo e ninguén vía neles os juniors que en realidade son. Novamente os ataques vigueses botaron por terra a ilusión deste segundo set.

O terceiro set tivo un desenvolvemento similar aos anteriores, pero nesta ocasión foron os visitantes os que sempre estiveron por diante no marcador con diferenzas pequenas dun ou dous puntos que os locais non podían alcanzar. Nin os cambios realizados por Calafell daban os seus froitos e as novas promesas Palentinas levaron este set de xeito merecido e co aplauso dos espectadores.
Pero ninguén quería que as cousas puxesen mais difíciles e dende o comezo do cuarto aos vigueses xa marcharon por diante con diferenzas de catro puntos (8-4) e mesmo de 8 puntos (17-9). A ilusión e a loita dos visitantes fixeron que se achegasen no marcador mais por erros propios que por acertos deles mesmos, o que levou ás bancadas a ilusión polo final dun cuarto set tranquilo e sen maiores problemas para os homes de Flavio Calafell.

En definitiva que quedamos cos tres puntos, que significan seguir de líderes imbatidos na clasificación e que estes tres puntos, do xeito que foron gañados, sirvan para que ninguén se confíe nesta competición xa que calquera rival pode facelos fronte aínda que sexan os primeiros clasificados.

A próxima semana visitarán Palma de Mallorca onde terán que seguir traballando para manter esa privilexiada posición.

CLUB VIGO 3
PALENCIA 2010 1
Parciais; 25-21 (25m.) 25-22 (29m.) 22-25 (28m.) 25-21 (26m.)
VIGO: Sanchez; Branco; Benassi; Diaz; Guidolin e Mahia. Libre Regueiro. Tambien xogaron; Justiniano; Zayas; Galego e Tey.
PALENCIA;Baos; Sanchez; Bugallo; Ruiz; Villena e Calzón. Libre Llabrés. Tambien xogaron; Bruque; Almansa; Sanllehi; e Vinuesa.
Arbitros; Mendizábal e Bartolomé.- Ben
Pavillón de Coia. 300 espectadores.