Presentábase difícil este encontro xa que se enfrontaban os dous primeiros clasificados da Liga, neste momento, e dous dos equipos que aspiran a conseguir o ascenso á máxima categoría. Difícil para os vigueses e tamén difícil para os locais. Tensión e presión para ambos os dous dende o comezo do encontro xa que ningún estaba disposto a deixarse gañar e os dous querían que os puntos en disputa quedasen na súa cuadrícula. Pero foron os vigueses, que despois de asentarse no campo deron un duro golpe aos locais e tráense os "seis" puntos en disputa xa que cremos que este equipo estará na segunda fase e valen os puntos conseguidos na primeira.

O primeiro set comezou con igualdade pero cun conxunto vigués que non entraba no partido e non se atopaba cómodo. Os fallos en saque dos visitantes facían que o marcador fose case sempre favorable ao Almoradí que en ningún momento perdía a súa compostura e sabio manter as pequenas vantaxes que lle daban os vigueses. Todo iso fixo que o set se fose a un apertado 27-25 que presaxiaba mais dificultades das pensadas para ambos os dous conxuntos.

O segundo set xa tivo un comezo completamente distinto e foron os vigueses os que non se querían deixar o encontro e comezaron a xogar como espera deles. Funcionaba o saque, a defensa e sobre todo o bloqueo. Xa os locais tiñan en fronte un equipo totalmente distinto ao do primeiro set. Chegouse aos tempos técnicos sempre con vantaxe dos vigueses que comezaba a dar ao ton que todos esperamos deles. Mais doado do previsto e o set foise á cuadrícula viguesa por un claro 19-25.

O terceiro set xa comezou con inquietude por ambas as dúas partes xa que ningún dos dous equipos marchaba no marcador. Estábase a parecer ao primeiro coa diferenza de que os vigueses xa non fallaban tanto e aos locais lles custaba cada vez mais facer un punto. A igualdade mantívose ata o final pero nesta ocasión foron os visitantes os que con traballo e sacrificio e coa confianza que les habia dado o primeiro set, empataron e puxéronse por diante para finalizalo gañando 24-26.

O cuarto set xa foi o que rematou por definir, dende o comezo, quen dos dous equipos era superior ao seu rival. Os saques e o bloqueo foron a gran referencia visitante que rematou por afundir aos locais deixándoos cunha grande diferenza de puntos e coa resignación de disputar un encontro contra un equipo superior.

Foi Almoradí o primeiro rival considerado serio polos discípulos de Flavio Calafell xa que os dous primeiros encontros disputados ata o momento non deixaron que os vigueses puidesen demostrar ata onde poden chegar nesta competición. A medida tivérona en Almoradí e tráense os tres puntos mais un resultado positivo que vale por outros tres para a segunda fase da competición.

Agora toca seguir traballando e non se relaxar xa que a próxima fin de semana chega á nosa cidade a Selección Nacional Junior que se atopa nesta competición e que non ascenderá á máxima categoría pero xa está a dar algún susto a algúns equipos que o consideraban un conxunto doado.

C.V.ALMORADÍ 1
CLUB VIGO VOLEIBOL 3

Parciais: 27-25 (32M.) 19-25 (29M.) 24-26 (33M.) 17-25 (26M.)

C.V.ALMORADÍ: García; Agudo; Crespo; Mateo; Ferrandez e Miralles. Libre Ruiz. Tambien xogaron: Castiñeiro e Martínez
C.V. VIGO: Sanchez; Branco; Guidolin; Benassi; Diaz e Mahia. Libre Regueiro. Tambien xogaron: Justiniano; Zayas; Galego e Tey.

Arbitros. Santa e Bocanegra. Ben
Novo Pavillón de Almoradí.- 300 espectadores