A directiva do Vigo Voleibol afrontará os primeiros gastos do club

Imprimir

dsc_1447A directiva do Club Vigo Voleibol, reunida no día de onte, tomou a decisión de afrontar os primeiros gastos que ocasiona o primeiro equipo ante o comezo, inminente, da máxima competición a nivel nacional.

Foron varias horas nas que a decisión de renunciar á participación do primeiro equipo na superliga voou pola devandita reunión. Ao final o criterio de case todos eles finalizou coa decisión de afrontar, novamente, uns gastos que co traballo de todos e un pouco de sorte pode finalizar na busca dun patrocinador para a campaña que agora comeza.

Os directivos asumen este risco ante a indefinición por parte dos políticos que non asumen ningún compromiso co noso deporte. É unha pena que sexan os propios directivos os que teñan que asumir, do seu peto, uns gastos económicos que, por outra parte, non significan grandes cantidades. Se a fian do traballo que eles mesmos poidan realizar e será con ese esforzo co que traten de seguir adiante.

Tamén se lles pedirá aos xogadores un esforzo nalgúns momentos pola falta de liquidez que poida significar a tardanza na chegada das axudas institucionais, xa que nalgúns momentos poden chegar atrasarse. Queren facer un chamamento ás distintas empresas da nosa cidade para que entre varias ou unha soa poidan colaborar na consecución dun obxectivo deportivo que esta tempada a vai de xeito moi positivo. É difícil retraerse á historia dun Club que acaba de cumprir 42 anos de vida, que é o equipo español, na actualidade, que máis veces participou na máxima categoría (decano de todos eles) e que seguen traballando coa canteira da nosa cidade.

Que seguen levando o nome de Vigo e de Galicia por toda España e que as categorías inferiores empezan a dar os seus froitos. Todo iso pesou á hora de tomar unha decisión, que non foi doada, xa que significa seguir botando sobre os ombros, ou mellor sobre a economía persoal, os gastos e un Club que segue sendo modelo para moitos mozos da nosa cidade.

Cando o deporte é un medio de conseguir que a xuventude sexa mais sanda e adquira unha serie de valores, dos que todos saímos beneficiados, ninguén debe pensar na desaparición dun Club dos históricos da nosa cidade e de onde moitos mozos saíron aprendendo un deporte que, dun amaneira ou doutra, axudounos a triunfar na vida.

Foi moi importante, na decisión, a cantidade de novos que esta próxima tempada acudirán ás distintas escolas que o Club ten por toda a cidade xa que despois do seu renacemento a tempada pasada esta, que agora comeza, significará o despegue total xa que se contabilizan 500 nenos e nenas que practicarán voleibol grazas ao traballo e dedicación de todos os que forman o Club Vigo.

Finalizou a reunión pedindo, dende a xunta directiva, que todo aquel que poida axudar e colaborar o faga na medida das súas posibilidades xa que desta forma, non cabe dubida, que seguirá manténdose a luz no mundo do Voleibol da nosa cidade, ou o que é o mesmo o voleibol en Galicia.