vigovoleiboljuniorNa mañá de hoxe saíron cara a Almería os xogadores do equipo Cadete do CLUB VIGO para disputar a final do Campionato de España da categoría.

Estes novos xogadores son un grupo co que se vén traballando dende hai cinco anos e é agora cando se empezan a recoller os seus froitos. Xa participaron a tempada anterior na Final do Campionato Infantil e agora fano na categoría superior. Ao longo do ano disputaron o Campionato Galego onde se proclamaron campións sen perder un solo partido e soamente saíron derrotados en dous sets o que dá unha idea do seu gran potencial, catro dos compoñentes do equipo forman parte da Selección galega de Voleibol e estiveron a representala fai quince dias no Campionato de España celebrado en Cartagena onde alcanzaron a quinta posición.

Algúns xogadores xa foron chamados a tempada pasada, por Flavio Calafell, para realizar adestramentos co primeiro equipo e responderon ás expectativas postas neles.

A ilusión preside a expedición e todos pensan en facer as cousas o mellor posible para conseguir ao final un posto honroso que lles permita seguir aspirando, en sucesivas ocasións, a estar entre os mellores da súa categoría.

Oito dos dez xogadores que se desprazan a este campionato son cadetes de primeiro ano o que significa que a tempada que veñen volverán a estar a disputar a mesma categoría.

Despois de todo o anteriormente dito quédanos que as categorías base están a deixar as arcas do Club cada vez mais baleiras xa que se os juniors se desprazaron unha semana a Las Palmas os cadetes se desprazan unha semana a Almería o que deixará un grande burato económico dentro do seo do Club e aínda que eles pensen que é o mellor diñeiro investido non deixan de pensar en que cando as cousas na base se fan ben é indubidable que a economía se resente.

Un grande orgullo para todos os que forman parte deste Club saber que o seu traballo a vai recompensado coas distintas disputas de campionatos de España, aínda que como diciamos antes non deixen de ser un inconveniente económico para un Club que ten unha economía mais ben escasa.