Cabecera Vide

Doada vitoria para o Club Vigo ante o Málaga

Haberá que esperar outra semana para coñecer en profundidade ata onde pode chegar o equipo vigués xa que nesta ocasión novamente o encontro resultou demasiado doado para os homes de Flavio Calafell, posiblemente moito mais do que reflicten os marcadores dos tres sets xa que unha vez que estes estaban encarrilados os locais baixaban o acelerador para que os visitantes puidesen achegarse mais e finalizar cos algarismos que se reflicten na acta do encontro. Os afeccionados gozaron da vitoria local pero do xogo non puideron facelo, salvo nalgunha xogada illada onde os dous equipos puxeron certo empeño e deron algo de espectáculo.

O primeiro set comezou con certa igualdade e os dous equipos estiveron tanteandose, posiblemente mais do esperado xa que despois do primeiro tempo técnico onde o marcador reflectía un 8-6, os vigueses empezaron a marchar con moita claridade ata un claro 19-9 que facía que o set decantarase para VIGO.

O segundo set tamén comezou con certa igualdade, chegando os visitantes a achegarse a dous puntos de xeito "perigosa", 10-8. Un tempo morto de Calafell para poñer orde no seu sexteto, fixo que o marcador se fose ata un 20-13 que xa deixaba ben claro quen era o dominador no xogo.

O terceiro set podería ser o mais claro para os locais pero estes baixaron a garda cando mellor o tenian. Posiblemente os cambios no sexteto en pista tambien deixáronse notar á hora de manter o mesmo ritmo de xogo. O marcador pasou dun claro 13-3 ata un 17-12 que non reflectía o que estaba a pasar no campo. Novo tempo de Calafell e os locais finalizarian o set e o encontro con ese claro 3-0 que os mantén nos primeiros postos da clasificación.

Agora haberá que esperar á próxima fin de semana onde se enfrontarán os dous equipos que están na cabeza da clasificación, e imbatidos nestas dúas primeiras xornadas, que son o Almoradí e o Vigo que o farán no Novo Pavillón de Almoradí o sábado ás 17,30 horas, onde poderemos calibrar, en certa medida, ata onde son capaces de chegar os vigueses nesta andaina na superliga 2.

CLUB VIGO VOLEIBOL 3
PROBISA MÁLAGA 0

Parciais: 25-15 (19m.) 25-15 (32m.) 25-18 (23m.)
Vigo: Sánchez: Branco; Benassi; Díaz; Guidolin e Mahia. Libre Regueiro. Tamén xogaron: Zayas; Justiniano; Tey e Galego
Málaga: Waddane; García; Algar; Sánchez; López e Rababy. Libre Muñoz. Sen cambios.
Árbitros: Pérez e Mederos, de Canarias. Ben
Pavillón de Coia, 300 espectadores
Encontro retransmitido en directo por Televisión de Galicia.