vigocaixanovadevoleibolmaioAs categorías base do Uorsa Vigo seguen dando os seus froitos. Fiel á filosofía de traballar a canteira, uns anos serán mellores e outros non tanto, os máis pequenos dos xogadores vigueses están a dar moitas alegrías a todo o Club.

Comezaron a competición encadrados nun dos grupos máis difíciles. Os catro equipos son Lilla i Grau de Castellón, multicajas de Zaragoza, Palma Volei e o Uorsa Vigo: os dous primeiros encontros disputados, un contra Lilla i Grau finalizou con vitoria castellonense por un apretadísimo 3-1. Pola tarde xogaron contra Palma Volei e volveuse repetir o mesmo resultado de 3-1 e tamén apertado e por último na mañá de onte disputaron o terceiro encontro onde venceron con moita facilidade a multicaja de Zaragoza.

As cousas están moi ben para os xogadores vigueses xa que, polos pelos, entraron entre os doce mellores que loitarán por algún dos postos que están designados aos equipos mais destacados. Para iso valeulles moito a vitoria contra Zaragoza. Agora están en mellor situación que Clubs con grande nome dentro do Voleibol Nacional como Barcelona, Soria, Teruel, etc.

A competición entra na fase máis complicada onde terán que enfrontarse aos equipos que forman o seguinte grupo e que son: Vecindario, Extremadura e Uorsa Vigo.

Os conxuntos aos que se enfrontarán nesta segunda fase son os mellores e xa existe moita diferenza entre uns e outros polo que os novos xogadores vigueses seguirán gozando do deporte que lles gusta e seguir progresando.

Os representantes do equipo vigués son todos cadetes, menos dous, de primeiro ano o que significa que se están a enfrontar a xogadores de idade junior que poden ter ata cinco anos máis ca eles. Aquí radica o mérito destes novísimos xogadores vigueses.