Cabecera Vide

Derrota do Uorsa Vigo en cuartos de final da copa

vigovoleibolNotábase que era a disputa da Copa do Rei e unha hora antes do encontro fíxose a presentación oficial de todos os equipos. Moitos afeccionados que quedaron do Almería  Cajasol, onde venceu doadamente 3-0 o conxunto andaluz.

Todo iso lle deu moita vistosidade a este enfrontamento que parecía unha repetición do disputado o pasado sábado no mesmo recinto e contra o mesmo rival. Os vigueses, con Regueiro recuperado, fixeron un mellor encontro que o anterior pero tamén os canarios se afanaron para non se render en ningún momento e poder saír airosos do envite.

O primeiro set tivo un comezo moi parello. Algo que deixou sorprendidos os locais xa que esperaban un Uorsa similar ao do encontro anterior. Esta igualdade empezou a romper cando os canarios se foron por dous puntos no marcador 11-9. Esta pequena vantaxe souberon mantelo, e mesmo a aumentar ata chegar a eses seis puntos de diferenza cos que finalizou o set.

O segundo set comezou igualado, pero esta igualdade mantívose durante máis tempo. Ao primeiro tempo técnico chegouse cun avantaxa de dous puntos por parte local, 8-6. Esta mesma vantaxe foi coa que se chegou ao segundo tempo técnico 16-14, polo que os locais non eran capaces de despegarse no marcador ao igual que fixeran no set anterior. Os vigueses loitaban e pelexaban cada balón que estaba en xogo e a vantaxe era menor 20-19. Pero loxicamente os grandes xogadores como Barcala e Stanku botáronse o equipo aos seus ombros para rematar o set e poñer dous a cero no marcador.

O terceiro set xa comezou con certa vantaxe local 4-0. Este marcador rompeu rapidamente xa que os xogadores vigueses non querían que o encontro lles marchase coa tranquilidade coa que o estaban a levar os canarios. Esta loita permitiulles comezar a puntuar e achegarse no marcador ata tres puntos 11-8. Con esta diferenza os canarios mostráronse mais sólidos tanto en defensa coma en ataque o que lles permitiu aumentala ata chegar a sete puntos 18-11. Vantaxe abonda como para finalizar o set sen ningún tipo de apuros e con moita relaxación. Este resultado permítelles a disputa dunha das dúas semifinais.

Final oficial da tempada 10-11 para os xogadores do Uorsa Vigo que gozaron dunha competición á que non chegaban dende hai dez anos. Tamén que chega a hora do traballo para os despachos e que dende este momento todos deben poñerse en marcha para que poidamos seguir gozando na nosa cidade de Voleibol de primeiro nivel.

VECINDARIO 3 UORSA VIGO 0
Parciais; 25-19 (26m.) 25-20 (25m.) 25-17 (23m.)
Vecindario: Ramirez; Stanku; Dous Santos; Barcala; Ronchi e Ferrandez. Libre Fernández. Tambien xogaron: Artiles e Deniz.
UORSA VIGO; BLanco; Nenad; Silvio; Guerreiro; Mahia e Galego. Libre Regueiro. Tamén xogaron: Dus e coveo.
Árbitros: Fernández e García.
Pavillón Santa Lucia. 1.500 espectadores.