O Uorsa perde no derradeiro partido da Superliga e queda fóra dos play-offs polo título

Imprimir

cprincipe06_bEncontro que se consideraba intranscendente pero que o resultado non di o que pasou antes do encontro xa que se ás baixas de Chaso, en Numancia, e Romeral, despois da comida o líbero Regueiro sentiuse indisposto e tivo que quedar no hotel cunha gastroenteritis que agora tratarán de coidar para que poida afrontar o primeiro encontro de Copa o próximo mércores. Do resto e con todos os cambios que tivo que facer o técnico vigués Calafell foron os que deron o resultado final.

O primeiro set comezou tratando de axustar os homes no campo o adestrador visitante e mentres os locais traballando para que non se lles fosen os vigueses no marcador. As primeiras diferenzas xa comezaron no primeiro tempo técnico con 8-5. A partir deste momento os locais, que defenderon moito e ben, mantiveron e aumentaron esas diferenzas ata chegar ao resultado final moi amplo para os seus méritos.

O segundo set as cousas cambiaron bastante xa que os vigueses foron capaces de asentarse no campo. Os cambios de posición seguían molestando aos xogadores vigueses pero isto non foi motivo para que dende o principio non deixasen que os canarios marchasen no marcador. A diferenza de dous puntos ao comezo do set 4-2 era a que se mantiña durante este. Eses dous puntos chegaban ata o 12-10 e seguían manténdose no 17-15. e 18-16. Os nervios afloraban no conxunto local que en ningún momento era capaz de dobregar as grandes defensas viguesas que recuperaban balóns de xeito increible.

O terceiro set comezou cun Uorsa ferido no seu honor e comezaron mandando no marcador por primeira vez no encontro 2-4. Esa diferenza mantívose ata o último terzo do mesmo e onde os vigueses chegaron a mandar no marcador por eses dous mesmos puntos pero xa cos algarismos de 18-20. Un tempo morto local puxo os seus xogadores en máxima tensión para non desaproveitar a oportunidade de empatar a 20 puntos e mesmo para poñerse por diante dous puntos 22-20. A puntilla foi un saque directo local que levou aos canarios a vencer no set e no encontro por ese nomeado 25-20.

Finaliza a súa andaina pola liga o Uorsa Vigo co obxectivo cumprido de conseguir manterse na categoría e descansar e recuperar aos seus xogadores de cara á súa presenza en Vecindario na Copa do Rei.

Ficha técnica

3. Vecindario: Ramírez, Stanku, Dous Santos, Barcala, Ronchi e Ferrández. Libre: Fernández. Tamén xogaron Artiles e Deniz.

0. Uorsa Vigo: Blanco, Silvio, Nenad, Guerrero, Mahia e Galego. Sen Libre. Tamén xogaron Covelo e Dus.

Árbitros: Fernández e Acin. Ben.

Parciais: 25-18 (26m.). 25-21 (27m.). 25-20 (26m.).

Incidencias: Pavillón Municipal de Santa Lucía. Uns 200 espectadores. 22ª e derradeira xornada da Superliga masculina de voleibol.