O Uorsa Vigo vence a C.V. Caravaca

Imprimir

cprincipe06_bO mellor que se puido ver onte pola tarde en Coia foi o resultado final xa que significou que os tres puntos quedasen en Vigo.

O encontro comezou como todo o mundo esperaba cos locais mandando no marcador dende o principio. As diferenzas aumentaban a medida que o set transcorría e os locais se sentían superiores e lograban puntos con certa facilidade. Os visitantes non daban ningún punto por pedido e mantiñan no campo unha actitude digna de eloxio xa que aínda que ían a remolque non se rendían.

O segundo set foi moi parecido ao anterior. Os locais sempre por diante, aínda que as diferenzas eran grandes, os visitantes eran quen de remontalas o que lles permitía meterse no partido aínda que fosen perdendo ata por sete puntos. Xa se empezaba notar que as cousas non ían resultar tan doadas. Os locais empezaron a fallar e isto trouxo como consecuencia certo nerviosismo no campo vigués e a todos lles encollía a man á hora de finalizar calquera xogada. Con todo o set se foi á cuadrícula local.

O terceiro set cambiou totalmente a decoración: comezaron os visitantes por diante, aínda que con diferenzas pequenas, pero facía presaxiar unha dura loita para non saír derrotados. Chegaron poñer por diante os locais por dous puntos 12-10 e mesmo mantiveron esa diferenza ata o 21-19. A partir dese momento os locais presos dos seus propios nervios empezaron a cometer erros de vulto que finalizaron con dúas malas recepcións locais e entregando, porque non hai outra palabra, o set aos seus rivais.

O cuarto set comezou moi igualado e cos visitantes por diante 7-8. Pero nun arranque de furia os locais marcharon no marcador por seis puntos 16-10, diferenza que xa se presumía definitiva, aínda que nin na bancada nin no banco ninguén se movía para animar a finalizar o set. Os bos saques locais, os mellores de todo o encontro, apareceron neste momento e aínda que os visitantes se achegaron no marcador nunca chegaron a poñer nerviosos aos vigueses.

Con este resultado os vigueses chegan a 22 puntos pero non cantan vitoria, aínda, xa que non se fían de outros resultado pois aceptan, xa están acostumados, a que poida pasar calquera cousa de aquí a final de liga e non sería estraño que algún dos equipos de abaixo vencese aos primeiros, alo que acaba de pasar en Tarragona que venceu o líder Unicaja de forma clara por 3-1 o que pon moi claro que haberá que seguir esperando polo menos dúas xornadas mais para poder certificar ou ben manter a categoría ou irse ao descenso

UORSA VIGO 3 C.V. CARAVACA 1
Parciais; 25-19 (27m.) 25-21 (27m.) 23-25 (27m.) 25-20 (27m.)
UORSA: Branco; Romeral; Mahia; Guerreiro; Silvio e Nenad. Libre Regueiro, También xogou Galego.
CARAVACA; Parga; Cabreira; De Amo; Ruiz; Rocha e Calzón. Libre Fernández.
Árbitros; Rodríguez e Padrón.
Pavillón de Coia. 150 espectadores