Cabecera Vide

Derrota do Uorsa Vigo ante Numancia de Soria

Primeiro compromiso do Uorsa Vigo sen Chaso e contra un dos equipos que loitará tanto pola liga coma pola Copa. Se se notaron as diferenzas xa que os locais, moi frios dende o comezo do encontro, só foron capaces de facer fronte a Soria no terceiro set e que non souberon ou non puideron rematalo. Loitaron os vigueses pero en fronte estaba un conxunto moi profesional, en todos os sentidos, e a lóxica impúxose.

O primeiro set comezou cun UORSA VIGO moi frio, como o ambiente de Coia, e que en ningún momento eran capaces de frear as arremetidas visitantes. Os bloqueos numantinos eran fortes e seguros o que lles permitía estar por diante no marcador. As diferenzas cada vez facíanse case insalvables e por mais que loitaban os locais non eran capaces mais que de reducir as diferenzas e desta forma maquillar un pouco o que foi o resultado deste primeiro parcial.

O segundo set foi un calco do anterior. Gran superioridade visitante, sobre todo na rede, onde eran infranqueables para os ataques locais. Soamente a loita e o honor mantiñan aos locais no partido. Novamente neste set notamos moi frios aos xogadores de Calafell dando a sensación coma se de entrada desen por perdido o encontro, aínda que nalgúns puntos se loitaba ata o final pero sempre caían do lado visitante.

O terceiro set foi o único dos tres onde os locais comezaron por diante no marcador. Chegouse ao primeiro tempo técnico con dous puntos de vantaxe 8-6. A partir dese momento empezaron a xogar, algo tarde, pero todos os afeccionados o agradecían e podían verse accións importantes por parte dos dous equipos. Este mellor xogo local fíxoos levar o marcador ata unha diferenza de seis puntos 17-11 que lles podía dar certa tranquilidade e se asegurar, por o menso un set. Pero non foi asi e esta diferenza perdérona enseguida para poñerse o set nun apertado empate a 22 puntos. A partir dese momento os puntos sucedíanse no marcador para os dous equipos. Os vigueses chegaron a ter tres balóns de set que non aproveitaron e foron os visitantes os que no segundo pecharon o set e por conseguinte o partido.

Non deixou de loitar o conxunto de Calafell, no terceiro set, e dános a sensación que esa debe ser a imaxe coa que marchen os afeccionados xa que desa loita e ese honor vai depender o pder conseguir mais puntos nos encontros que os enfronten aos equipos do seu mesmo nivel. Posiblemente os locais víronse atenazados polos nervios para querer demostrar que poden ser capaces de conseguir mais puntos contra os equipos de arriba pero isto deben esquecelo e pensar que a súa liga está un pouco mais abaixo, que é onde se cociña a permanencia, sen esquecer que non son tan inferiores aos rivais que pasan polo Pavillón de Coia.

A próxima semana desprázanse a Arona para enfrontarse ao titular, equipo este que está a loitar por saír dos postos de cola da clasificación.

UORSA VIGO 0 NUMANCIA SORIA 3
Parciais; 21-25 (27m.) 18-25 (22m.) 28-30 (30m.)
UORSA VIGO; Branco; Nenad; Guerreiro; Romeral; Mahia e Silvio. Libre Regueiro. Sen cambios.
SORIA; Moltó; Flores; Palharini; Rocamora; Altayó e Salvador. Libre De Miguel. Tamén xogou Folguera.
Árbitros; Folgar e Ares.
Pavillón Municipal de Coia. 250 espectadores.