Cabecera Vide

Final de mes moi movido para o Uorsa Vigo

vigovoleibolO conxunto vigués do UORSA VIGO ten un final de mes con moita actividade, tanto dentro como fose do ámbito meramente deportivo. Hoxe, mércores, dispútase a xornada 14 de Superlia masculina e que enfrontará aos vigueses co multicaja de Zaragoza en terras mañas no Pavillón do CDM Século XXI, ás 20.30 horas.

Este encontro enmárcase dentro dos considerados moi importantes xa que do seu resultado final poderiamos dicir que, se é favorable aos vigueses, poderían dar un paso de xigante para a súa salvación case definitiva, pero se se sae derrotado se estancaría un pouco e habería que esperar ao encontro do próximo sábado en Vigo contra Numancia de Soria.

Os maños afrontan o partido con moitas mais necesidades que os vigueses. Chegan de perder en Tarragona contra Sant Pere i Sant Pau e ademais dunha forma clara. Están ocupando a novena posición e con cinco puntos menos que os vigueses e sobre todo en Tarragona fixeron un mal partido e sobre todo moi irregular.

O equipo de multicaixa é importante, sobre todo formada por xogadores con moita experiencia na máxima categoría. Algún dos seus membros estiveron na órbita do conxunto vigués a principio de tempada pero logo as negociacións non frutificaron. Nas súas filas teñen xogadores como Crespo, Viciana, Fidalgo, Ferreira, Enroque ou De Souza que xunto co libre Cuesta forman o sexteto titular dun equipo que a tempada pasada estivo ás portas de conseguir o título de Copa disputando a final, torneo que organizou o conxunto de Zaragoza.

Na primeira volta, no encontro disputado na nosa cidade os vigueses venceron por 3-0 no que foi un grande encontro e o comezo da escalada e bo rendemento dos pupilos de Calafell.

Os vigueses, que realizaron onte o desprazamento, fano con moitas novidades, como diciamos anteriormente, unhas deportivas, as baixas de coveo (lesión) ou as de Mahia e Galego (por exames) e outras que se producirán unha vez disputado este encontro e que será a baixa de Chaso que marcha a disputar o final da competición co CMA Numancia de Soria, precisamente o conxunto que nos visitará o sábado en Coia.

Calafell ten como consolo que despraza o seu equipo titular, o que realizou a fazaña de vencer a pasada fin de semana a Cajasol en Vigo por un apertado 3-2 e que aspira a traerse os tres puntos en disputa en Zaragoza. Os xogadores saíron animados, aínda que ninguén sabe como pode influír no rendemento de cada un deles o feito de que un dos piares do conxunto no que levamos de tempada cause baixa, dun xeito pouco explicable, tres dias antes de enfrontarse con ese rival. Chaso, solicitou a baixa ao Club vigués e este concedeulla/llela. Non sabemos a cambio de que pero esperamos que ao longo da semana poidamos ir coñecendo, de parte do club vigués, como se produciron os acontecementos. Acontecementos que creemos non son normais, aínda que a normativa da Federación Española o permite, cremos que esta permisividad é posible sempre para beneficiar aos conxuntos chamados grandes, é dicir aos que teñen unha economía que lles permite facer é tose xogos malabares.

O encontro de hoxe será arbitrado polos colexiados madrileños Andrés e Saboroso, os mesmos que xa le pitaron na primeira volta o encontro disputado en Soria. Parece que este conxunto esta tempada se cruza en todos os cami8nos do conxunto vigués.