Cabecera Vide

Sufrida vitoria do Uorsa Vigo ante Cajasol

cprincipe16Grande ambiente, importante partido e dous equipos que se coñecen dende hai moito tempo. Puidemos ver os andaluces facendo, posiblemente o mellor partido da tempada fóra de Sevilla e aos vigueses o peor na nosa cidade. Os locais estiveron durante todo o encontro moi apáticos e soamente espertaron cando dende as bancadas se lles animou para que fosen eles os que levasen o peso dun encontro que xa se presumía que ía ser difícil. Primeiro encontro da tempada que despois do empate a dous sets os locais foron capaces de vencer.

Muchísima igualdade no marcador no primeiro set. Dende o principio os algarismos eran sempre parellos e ningún dos dous equipos foi capaz de marchar mais alá de dous puntos. Esa igualdade chegou ata o mesmo final do set onde os locais tiveron un balón para pechalo e os visitantes tiveron tres. Loxicamente o set foise á cuadrícula visitante, pero sobre todo polas vantaxes que os vigueses lles deron dende o principio xa que lles regalaron 10 puntos de saques fallados, algo que non se debe permitir nun conxunto que leva unha boa marcha na superliga.

O segundo set xa comezou con diferenzas de tres puntos para os galegos que obriga a pedir o primeiro tempo o técnico sevillano. 6-3. A partir dese momento fomos capaces de ver, o único set do encontro, aos locais xogar como o saben facer: As diferenzas seguiron aumentando ata chegar a eses oito puntos cos que finaizó o set.

O comezo do terceiro set serviunos para atopar, novamente, esa apatía local, ese deixarse levar, non corrixir erros e sobre todo parecía que se deixaba todo á providencia e que ela sería a que resolvería o choque. Novamente entrega de puntos nos saques e agora comezaron os erros en ataque e sobre todo en defensa. Os visitantes facendo o seu xogo, nada vistoso pero se moi efectivo. Todo lles valeu para que levando o set igualado fosen capaces de facer parciais de tres e catro puntos que facían moita mella nos vigueses El set foise á cuadrícula sevillana e xa tiñamos aos locais a remolque no marcador.

O cuarto set comezou con igualdade pero os vigueses empezaron a mellorar, ou polo menos a ter menos fallos, no saque. Isto servía para que o bloqueo se posicione e polo menos obrigase os visitantes a traballar cada un dos puntos que se disputaban. Este pequeno cambio foi moi efectivo aínda que estando en Coia nos decatamos do sufrimento dos homes de Calafell para escapar da derrota. Despois do empate a 18 puntos foron os locais os que estiveron mais acertados e con dous grandes bloqueos das súas centrais case definiron o set xa que souberon manter esa vantaxe para empatar o encontro.

Chegamos ao quinto set da lotaría ou mellor o da contención dos nervios dos xogadores. Calquera erro ou calquera acerto pode dar o traste co traballo de dúas horas de xogo. Os locais marcharon por tres puntos dende o comezo 6-3 que souberon manter baseándose en non fallar saques e sobre todo a realizar grandes defensas. Posiblemente, e cando o set estaba 11-9, os espectadores puideron ver o mellor puntos, de ambos os dous equipos, do que levamos de tempada. Largo e sobre todo emocionante con moi boas defensas e grandes ataques por parte dos dous equipos. O punto foi para a cuadrícula local que con tres puntos de vantaxe se deixou levar ata o final do set.

Como positivo podemos destacar os dous puntos que quedan en Vigo, importantes xa que os equipos da zona baixa da clasificación tamén venceron nesta fin de semana e se trata de distancialos cada día algo mais. Tamén que os vigueses devolven o mesmo resultado que no encontro de ida onde os sevillanos venceran por 3-2.

Como negativo ver que os xogadores non son capaces de corrixir os seus propios erros no campo e que o traballo de toda unha semana para preparar un encontro non serve para nada i logo non existe un boa disposición de cada un deles e sobre todo se algún se vai do encontro con certa facilidade.

Uorsa Vigo 3 Cajasol 2
Parciais: 27-29(32m.) 25-17 (27m.) 23-25(29m.)25-22 (26 m.) 15-11 (20m.)
UORSA VIGO: Branco; Silvio; Nenad; Chaso; Guerreiro e Romeral. Libre Regueiro. Tamén xogou Galego.
CAJASOL: Arias; Segura; Nasini; González; Aguieira e De Amo; Libre Llabrés. Tamén xogaron: Sánchez; Justiniano J. e Justiniano L.
Árbitros: Turrión e Teu.
Pavillón de Coia: 350 espectadores