O Club Vigo perdeu dous puntos en Sevilla

Imprimir

cprincipe16Difícil o desprazamento e difícil o partido, pero cando mellor tíñano os vigueses, eles mesmos, por non saber resolver ou por facelo con erros, foron os que perderon o encontro que posiblemente lles significase dous ou tres puntos na clasificación.

Durante o encontro todos os sets foron moi igualados pero nos momentos finais foron os erros galegos os que marcaron a diferenza. Os discípulos de Calafell foron capaces do mellor e do peor e isto é algo que deben mellorar de cara a seguintes acontecementos. Lévanse dúas xornadas e o próximo mércores teremos a terceira en Coia ás 20,00 horas contra un dos equipos que se están a erixir en protagonistas da liga 10-11.

O primeiro set comezou con moita igualdade por ambas as dúas partes e ningún dos dous equipos se ía no marcador. Os acertos vigueses foron os que lle deron a primeira manga e certa tranquilidade, teórica, a xogadores e técnicos.

O segundo set, tamén moi igualado, significou a igualdade xa que despois dos sucesivos empates chegaron os erros visitantes que propiciaron que se fosen no marcador tres puntos que foron os que remataron o set.

Coa igualdade total comezou o terceiro set, que a próstrea foi o mais emocionante dos cinco disputados, e é que os dous equipos querían levarse os tres puntos e non deixar os seus rivais que se achegasen no marcador. Igualdade total dende o comezo e así ata chegar ao empate a 25 puntos. A partir dese momento dous balóns de set para cada un dos dous equipos, que non puideron resolver e foron os vigueses, despois dun marcador agónico, os que levaron o gato á auga vencendo e por conseguinte poñéndose por diante.

O cuarto set debería ser para os visitantes pero foron os continuos fallos vigueses os que deixaban que os sevillanos se achegasen no marcador e as diferenzas non fosen mais alá dos dous puntos. Dous erros visitantes deron ao traste coas ilusións viguesas e a obriga de disputar un quinto set.

O último e definitivo set tivo, ao igual que os demais anteriores, moita igualdade ata que dous erros infantís dos vigueses fixeron que se fosen por dous puntos 10-8. Nin os tempos mortos de Calafell foron capaces de organizar un equipo que seguía equivocándose e remataba rendéndose ante os sevillanos.

CAJASOL 3 CLUB VIGO 2
Parciais; 23-25 (32m.) 25-21 (30m.) 35-37(38m.) 25-23 (30m.) 15-11(18m.).
CAJASOL;De Amo; Segura; Ruiz; Aguieira; Nassini e Arias. Libre Lladrés. Tamén xogaron Justiniano e Sánchez.
CLUB VIGO: Branco; Satiro; Romeral; Chaso; Guerreiro e Nenad. Libre Regueiro. Tamén xogaron; Dus; Lloret; Mahia e Galego.
Árbitros: Susana Trigo e Galán.
Pavillón de Los Montecillos. 330 espectadores.