ascensovigovoleibolEncontro de presentación do conxunto vigués ante os seus afeccionados onde os xogadores de Calafell non defraudaron ante un conxunto, como o portugués, que loitará para converterse no Campión de Portugal.

O equipo vigués demostrou ao longo do encontro que melloraron, con respecto ao ano pasado, en aptitude e sobre todo gustou moito a defensa que lles valerá para facer moitos puntos na tempada que comeza o próximo sábado.

No primeiro set viuse moita igualdade no campo. Os puntos ían dun equipo a outro e ningún dos dous era capaz de despegarse no marcador. Foron os vigueses os que chegaron primeiro aos tempos técnicos. Iso valeulles para levarse, con moita loita, o set á súa cuadrícula.

O segundo set foi moi parecido ao anterior. Os puntos repartíanse en cada un das cuadrículas e ningún dos dous se despegaba do rival. As accións dos dous equipos foron my aplaudidas polo público que ansioso de ver voleibol de altura estábao a presenciar in situ. Os xogadores de ambos os dous conxuntos ofreceron espectáculo e o publico de agradeceuno. O set finalizou cun marcador moi apertado.

O terceiro set xa foi mais relaxado para os visitantes xa que dende o comezo de puxeron tres puntos por diante 3-6. Este algarismo aumento a favor dos portugueses que chegaron a poñer ata cunha vantaxe de seis puntos, 10-16. Pero apareceu a rabia local e a loita en defensa, que queremos destacar, para achegarse perigosamente no marcador. Éste rompeu cando os vigueses cometeron dous fallos seguidos que finalizaron o set.

O cuarto foi de mais dominio visitante e os xogadores portugueses demostraron a súa superioridade a partir deste set. Finalizárono con moita facilidade e posiblemente foi o set peor xogado polos locais.

En definitiva puidemos ver ao conxunto vigués moi animoso e sobre todo moi loitador, algo que habería que destacar con respecto á tempada anterior. Non dan un balón por perdido e iso é digno de agradecer. Agora a esperar ao próximo sábado que chega o C.V. Palma para comezar a hora da verdade coa superliga 10-11.


CLUB VIGO 1 VITORIA DE GUIMARAES 3
Parciais; 25-23 (27m.) 25-27 (28m.) 22-25 (26m.) 18-25 (23m.)

CLUB VIGO: Nenad; Satiro; Chaso; Guerreiro; Branco e Romeral. Libre Regueiro. Tambien xogaron: Dus; Mahia; Lloret; Coveo e Galego.

GUIMARAES; Maceira; Evandro;Kibinho; Reis; Nelson e Gilson. Libre Fidalgo. Tambien xogaron; Fabiao; Everton; Nuno; Che e Gustavo.

Árbitros: Olea e Graña.
Pavillón de Coia: 200 espectadores.