Amigable do Vigo Voleibol diante do Vitória portugués hoxe mércores en Coia

Imprimir

cprincipe16O Club Vigo Voleibol xogará un partido amigable diante do Vitória de Guimarães (Portugal) antes de comezar o campionato estatal este sábado.

O encontro será hoxe mércores ás 18:30 horas no pavillón de Coia. O choque pechouse onte e servirá de presentación ao conxunto da Superliga que adestra Flavio Calafell.

O conxunto luso colidera a táboa na A1 portuguesa despois de tres xornadas. Este verán firmou a tres xogadores do campión, o Sporting de Espinho: o oposto cubano Tomás Aldazábal (1,93 metros), o atacante luso de zona catro Roberto Reis (1,95) e o central luso-brasileiro Fabrício Silva, “Kibinho” (2,00), ademais de dúas fichaxes do Benfica lisboeta, o brasileiro Evandro Batista (colocador, 1,98) e o cubano Joan Díaz (oposto, 2,00).