cprincipe06_bEsta pasada fin de semana comezaron os encontros preparatorios de cara á próxima tempada do Club Vigo Voleibol desprazándose á cidade portuguesa de Viseu.

Disputouse o X Torneo Internacional de Viseu que o xogaron o organizador Viseu, o Benfica de Lisboa e o Club Vigo. A primeira semifinal enfrontou aos equipos local e o vigués. A vitoria foi para os vigueses por un claro 1-3 con parciais quer foron de 18-25; 19-25; 25-23 y 17-25. O partido fuen entretido e o técnico vigués puido probar nas súas filas a todos os xogadores desprazados a Portugal, incluído o cadete Pablo Penedo xogador que apunta moi boas maneiras e que durante estes dias está a adestrar co primeiro equipo.

O domingo ás 17,00 horas disputouse a grande final que enfrontou aos conxuntos do Club Vigo e ao Benfica de Lisboa, equipo este último que se clasificou terceiro a pasada tempada e que este ano se prepara para disputar Competición Europea. A vitoria foi para os portugueses de Lisboa pero cuns sets moi apertados de 25-23; 25-21 y 25-22.

O técnico vigués vén satisfeito desta primeira experiencia de pretempada xa que puido darlle minutos a todos os seus xogadores e desta forma comezar a ter ritmo de competición.

Malia o resultado final os vigueses queixábanse da grande diferenza que existe entre os balóns cos que se xoga en España e en Portugal xa que mentres os portugueses disputan a súa competición con balóns de competición europea os vigueses o fan con outra marca e a diferenza é moi grande. Malia iso empezan a verse os vimbios do que pode ser o novo equipo vigués de cara á nova competición e tempada onde os miras dos vigueses están postas en manter a categoría e sobre todo conseguir canto antes a tranquilidade.

Nova fichaxe. Neste encontro debutou o xogador arxentino Julián Lloret, que chegou o pasado venres e xa se incorporou tanto aos adestramentos coma aos encontros en Portugal. Este xogador pode actuar de catro ou de oposto. Está considerado polo técnico vigués como "un todo terreo". Ten 26 anos e mide 1,96 de estatura. Ninguén dubida que poderá axudar ao equipo a conseguir as metas máis altas.