Receptor, atacante de catro, 1,96 de estatura, xogador que disputou 23 encontros coa Selección absoluta de España e que ten un longo percorrido en varios equipos de superliga, este é o perfil do novo xogador do Club Vigo Voleibol para a tempada 2010-11.

Despois dun ano na travesía do deserto, que significa a superliga 2, o primeiro equipo do Club está a rematar de perfilar o seu equipo para afrontar unha tempada na que non quere nin oir falar dun posible descenso e para iso se está a reforzar con xogadores de gran valía e sobre todo de experiencia na máxima categoría do Voleibol Nacional. Este é o caso de Adolfo Chaso, xogador nacido en Sevilla 14/02/1983 e que despois de estar na concentración permanente de Palencia se incorporou a distintos equipos da máxima categoría recalando agora na nosa cidade.

Do seu bo facer, tanto dentro como fóra do campo, poden dar moitos e bos informes, Zaragoza, Elche e o último equipo que defendeu, Tarragona, conxunto co que chegou a ser terceiro na superliga e disputando a semifinal dos play-off e a semifinal da Copa do Rei.

Esta Tempada coincidirá en Vigo con dous xogadores cos que xa disputou a superliga en Elche, Manuel Blanco e Juan Guerrero, xogadores que xa asinaron polo conxunto vigués. O seu concurso será de grande importancia xa que Flavio Calafell ten case pechada o equipo para a próxima tempada. Este era un xogador co que xa se tivo contacto no seu paso polo equipo zaragozano e agora nesta ocasión se unen as dúas partes o xogador e o Club.

Por outra parte dicir que despois da contratación de Juan Guerrero os postos de receptores xa están cubertos, xa que tamén sobe do segundo equipo ao novo Borja covelo que xa traballou con Calafell a tempada pasada. Desta forma soamente falta por pechar a chegada dun central xa que no día de onte tamén confirmou a súa chegada a Vigo, o central, Manuel Blanco que disputará a que será a sexta tempada na nosa cidade.

Durante este verán estívose a traballar moi duro para que os primeiros días do mes de setembro poidan estar os doce homes a disposición do técnico vigués e non lles collerá o touro pensando nalgún xogador unha vez iniciada a pretempada.

Séguese contactando con ou central mais que falta para pechar o impreso, aínda que non se pecha a posibilidade de ter outro xogador mais xa que o número de estranxeiros segue en dous e se pensa na posibilidade de ter os catro que permite o regulamento.

Por último dicir que no aspecto económico a Xunta Directiva segue traballando para conseguir pechar o presuposto da próxima tempada, algo que está a resultar bastante complicado pero que seguen sendo optimistas de cara a poder conseguilo antes de que comece a andar a nova campaña.

A partir do día primeiro de setembro todos os afeccionados que así deséxeno poderán facerse socios de Siareiros nas oficinas que o Club ten no Pavillón de Coia en horario de 17 a 19 horas.