caixavigokO Club Vigo Caixanova proclamouse campión galego sub 15 e sub 17 de voley praia cos seus xogadores infantís, é dicir, con 14 anos de idade.

Para conquistar os dous títulos, os vigueses disputaron dúas competicións en tres fins de semana. En sub 15 gañaron Pablo Penedo, Carlos López, Óscar Sánchez e Iván Tempas, este de 10 anos. Impuxéronse nas praias de Ézaro, Sada e Boiro. En sub 17, Penedo, López e Sánchez venceron en Ézaro, acabaron segundos en Sada e terceiros en Boiro.

Esta fin de semana, os tres concentraranse con Galicia en Boiro, para disputar o Campionato de España de Xixón, a final de mes.

Esta tempada, o equipo infantil gañou o título galego de voleibol e foi a Llanes a xogar a fase final do Campionato de España. Sen dúbida, unha magnífica xeración cara ao futuro.