vigocaixanovadevoleibolmaioNa mañá de hoxe, a partir das 10,00 horas, comeza en Llanes (Asturias) o Campionato de España de Voleibol Infantil masculino, onde a nosa cidade e Galicia estará representada polo VIGO CAIXANOVA e que durará ata o próximo domingo día 16. O Campionato desenvolverase nos pavillóns de deportes de Llanes e de Pousada de Llanes.

Os xogadores vigueses, adestrados por Yolanda Sienes, desprázanse para disputar unha competición onde xa son coñecedores do grande nivel co que se van atopar xa que non é a primeira vez que participan nesta competición e tamén porque varios xogadores participaron hai tres semanas coa selección Galega no Campionato de España de seleccións autonómicas.
Cada tempada que pasa os xogadores da canteira viguesa van mellorando, tanto na súa cantidade coma na súa calidade. En Asturias terán que enfrontarse aos representantes de cada unha das 17 Comunidades autónomas, a onde se desprazan como Campións das súas respectivas comunidades.

O Nivel este ano é moi alto xa que existen autonomias que crearon as súas concentracións permanentes e agora os seus xogadores serán os representantes do resultado do traballo ao longo da tempada.

O Vigo Caixanova tampouco queda curto xa que dos xogadores que conforman a expedición catro deles participaron coa selección Galega o que significa que o nivel é bo xa que non debemos esquecer que ocuparon a sexta posición no pasado Campionato de España.

A ilusión dos pequenos xogadores é grande e chegarán a Asturias con dúas finalidades, a primeira é que deben gozar practicando o deporte que mais gústalles e a segunda aproveitar a ocasión para demostrar que o traballo de varios anos pode dar o seu froito nunha competición a nivel Nacional.

Os xogadores do Vigo Caixanova non tiveron demasiada sorte no sorteo que se celebrou en Gijón xa que o grupo, formado por catro equipos, estará composto polo representante andaluz, Utrera (Sevilla) polo representante canario, San Roque, polo representante valenciano, Salesianos de Elche e polos vigueses. Despois desta primeira fase os dous primeiros de cada grupo pasarán á fase final para disputar os postos do 1 ao 8 mentres que os dous últimos disputarán os postos de 9 ao 16.

Os deportistas que se desprazan son, Yolanda (adestradora) Adrián; Guido; Pablo; Oscar; Miguel; Ivan; Carlos; Natán e Saúl.