volei praiaDespois de renovar ao corpo técnico, Suso Penedo e Yolanda Sienes, chega a quenda para os xogadores que é a parte non menos importante para o sostemento do Club Vigo na Superliga 2. O obxectivo da tempada pasada era manter a categoría e, dentro do posible, estar na metade da táboa e finalizar a tempada coa suficiente tranquilidade para non pasar apuros.

 

Unha vez finalizada a tempada 15-16, onde o Club Vigo conseguiu os obxectivos deportivos tres xornadas antes de finalizar a competición, comeza o traballo de cara ao comezo da nova tempada 16-17 onde terán que se marcar ás liñas mestras que rexerán na superliga 2, competición na que milita ou Club Vigo.

 

Manel escolasOutra xornada de peche de escolas deportivas do programa municipal. O ‪Club ‎Balonmán‬ Seis do Nadal-Coia e o Club ‪‎Vigo‬ ‪‎Voleibol‬ pecharon as súas escolas coa asistencia do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, no pavillón do centro educativo e no polideportivo municipal de Coia.

 

vigorugbyImportante vitoria das Cinco Jotas UB Lavadores ante o E.D. Poio Artai, o pasado sábado en casa (30-23). A falta de catro xornadas para rematar a competición ligueira, os vigueses conseguiron a permanencia matemática. Cun balance de seis partidos gañados, tres empatados e dezasete derrotas, suma quince puntos, once máis que o BM. Artabro Novo Mesoiro, penúltimo da clasificación. Os vigueses xogarán esta fin de semana na cancha do Acanor At. Novas, coa tranquilidade dos deberes feitos.

 

amfivO Amfiv pechou a tempada 15/16 cun novo triunfo ante o Joventut (77-33) para despedirse con bo sabor de boca da súa afección e poñer o punto e final a unha campaña na que o estraño sistema de competición condenou aos vigueses a disputar a Fase pola Permanencia, a pesar de contar con bastantes máis vitorias que outros conxuntos que están a pelexar polo título.