copagalicia1O novo proxecto do Amfiv estreouse cunha cómoda vitoria en ante un recén ascendido como o Basketmi (17-81). Os vigueses, na súa primeira cita da tempada, completaron un encontro serio pero que estaba xa totalmente decidido á finalización do primeiro cuarto.

 

KARLIS 1César Iglesias e Óscar Carbajo iniciarán de forma oficial hoxe martes, ás 21.00 horas no Pavillón de Bouzas, os adestramentos de pretempada e farano co equipo completamente pechado despois de que nas últimas horas se concretasen as fichaxes do mexicano Salvador Zavala, un xogador clase 4, e o letón Karlis Podnieks, un xogador clase 1,5, as dúas incorporacións necesarias para apuntalar o equipo tras a renovación do bloque de xogadores da casa.

 

AMFIV VALLADOLID1Estase mellor na casa que en ningún sitio. Isto o teñen perfectamente claro os xogadores locais do Amfiv que non dubidaron nin un segundo á hora de aceptar a oferta de renovación que lles formulou o conxunto vigués.

 

amfiv presentacion agosto 2015As instalacións da Fundación VIDE, acolleron na tarde do pasado xoves 27 de agosto a presentación da nova xunta directiva e proxecto aínda que mantendo intacta a filosofía coa que naceu o club hai xa máis de trinta anos.

 

20150609 amfivSegundo o convenio asinado no día de onte polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e os responsables do club deportivo, Chechu Beiro e Natxo Cabaleiro, o Concello de Vigo achega 48.000 euros para respaldar ao primeiro equipo do CD AMFIV, como club de elite no baloncesto en cadeira de rodas, e tamén para "intensificar" a súa división de base.