A falta de puntaría e o abafador dominio do rebote por parte do Getafe condenaron ao Amfiv a unha dolorosa derrota que complica moito o seu futuro dentro do esixente Grupo 1 da División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas. Os vigueses víronse superados por un conxunto madrileño que aproveitou a permisividad arbitral para levar o encontro a un plano moi físico e, como xa acontecera sete días antes fronte ao Fundación Grupo Norte, ao descanso o partido estaba xa moi costa arriba (31-45, min.20).

 

Este sábado 7 de novembro será unha data especial para o Club Amfiv xa que ás 17.00 horas se estreará en competición oficial no Pavillón de Bouzas o MasVisión Amfiv B, recibindo ao Orto Tres Cruces de Zamora na primeira xornada da División de Honra B. Será, ademais, unha xornada moi especial para a entidade posto que tras este primeiro compromiso do equipo filial se disputará a cuarta xornada na División de Honra enfrontando o primeiro equipo do Amfiv co Getafe. Será a partir das 19.00 horas.

 

O derbi galego da División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas non deparou sorpresas e o Amfiv impuxo a súa experiencia na categoría e o potencial do seu equipo ante un Basketmi recén ascendido e coa mente máis posta en pelexar por evitar o descenso na segunda fase de la competición.

 

O marcador reflicte unha clara vitoria do Ilunion. Unha máis dun equipo feito por e para gañalo todo. Un triunfo contundente e vendo o resultado podería pensarse que doado. Pero nada máis lonxe de la realidade. Porque o Amfiv presentou batalla coas súas armas durante boa parte do encontro e só nos últimos instantes, co choque xa decidido, deixouse ir permitindo a un rival que non perdoa o máis mínimo despiste afondar na ferida.

 

amfiv valladolidUn mal segundo cuarto, no que o conxunto vigués encaixou un parcial de 0-11 nos dous minutos previos ao descanso, foi un lastre demasiado pesado para un Amfiv que a punto estivo de arranxalo nunha boa segunda metade pero careceu de acerto nas accións decisivas para culminar la remontada.