MasVisionDespois de rozar de novo a súa primeira vitoria da tempada a pasada fin de semana en Zamora fronte ao Orto Tres Cruces (49-46), o MasVisión Amfiv B terá este sábado a partir das 17.00 horas no Pavillón Pablo Beiro un nova oportunidade de estrear a súa cuadrícula de triunfos. Porque os vigueses reciben ao Salto Bera Bera, equipo que lles precede na táboa clasificatoria e que só gañou un partido esta tempada, precisamente na primeira volta ante o MasVisión Amfiv B noutro encontro que se decidiu no último suspiro (62-56).

 

O MasVisión Amfiv B, como xa aconteceu no encontro da primeira xornada liguera, volveu rozar coa punta dos dedos un histórico primeiro triunfo que estivo a punto de chegar neste comezo da segunda volta na Primeira División na cancha do Orto Tres Cruces de Zamora (49-46). Os vigueses, despois dun bo primeiro cuarto no que tutearon aos zamoranos (15-14, min.10), acusaron no segundo parcial a exclusión do seu capitán Alberto Abalde e os locais aproveitaron os instantes de desconcerto para abrir unha pequena brecha no marcador que se mantiña ao descanso (33-22, min.20).

 

AMFIV BILBAO 1Vitoria do Amfiv, Magope, Olivo, Blusens Networks, Bembrive e Celta Zorka e derrota do Octavio, Las Cinco Jotas, Xuvenil e Vigo, é o balance dos equipos siareiros elite dos seus encontros de competición nacional disputados esta fin de semana.

 

Xuvenil pavillonÚltima fin de semana de competición liguera do ano para os equipos Siareiros elite, que se van de vacacións con sorte dispar nas súas cuadrículas. Tras o parón polas festas do Nadal, retomarán a competicion oficial a fin de semana do 9/10 de xaneiro, o Octavio, Magope e Cinco Jotas, Blusens Network, Olivo e Celta Zorka, e farano a seguinte fin de semana, a do 16/17 de xaneiro, o Xuvenil, Olivo, Amfiv e Bembrive.

 

AMFIV BASKETMI 4Catro equipos Siareiros de elite gañaron con facilidade. O sábado o Amfiv facíao no seu feudo fronte ao Abeconsa Baskemi Ferrol (80-40), nun encontro que estaba xa canalizado no primeiro cuarto e sentenciado no descanso. A vitoria permítelle aos pupilos de César Iglesias soñar con disputar a fase polo título.